Noticas de interés - Editorial Toxosoutos.com.


Detalle de la noticia:



Ver noticia

Ramón Caride presenta "O gume dos espellos", unha escolma diversa de textos xornalísticos


Autor:      Fran P. Lorenzo
19/11/2010

Santiago. O gume dos espellos (Toxosoutos, 2010) -o libro
de Ramón Caride Ogando, que este serán, a partir das 19.30 horas se
presenta na Libraría Couceiro de Santiago- é unha miscelánea de textos
xornalísticos e de opinión que percorre dúas décadas de creación. E
creación é porque para o autor de Soños eléctricos non hai
fronteiras definidas entre a escrita, xa se realice esta nos libros, nas
revistas ou nos xornais. A taxonomía da prosa déixalla Caride para a
crítica literaria, a que poderá achar neste volume unha voz diversa, de
longo percorrido, preocupada por temas como a normalización da lingua
galega que, segundo o escritor e profesor, aínda seguen sen resolver. "A
actualidade de moitos destes textos reside en que a situación da lingua
galega, por exemplo, é a mesma, nin melloramos nin empioramos. É unha
situación reversible, así que non hai que dar por perdida a batalla",
asegura un Caride, crítico coa "mercantilización" do xornalismo, que
acabou cos suplementos literarios e de creación, e que se dedica agora a
vender "esa experiencia aditiva" do medo.