Na sexta entrega das aventuras desta
 entrañable familia celta, Os Barbarzóns, fala sobre unha noite ben coñecida por
 todos que, como moitas outras celebracións e efemérides do noso calendario, foi
 asimilada polo cristianismo cando se impuxo como relixión oficial no territorio
 que abranguía o Imperio Romano. Así, a noite das cacharelas da que trata esta
 nova obra da creación máis orixinal do debuxante Pepe Carreiro fala do que
 hoxendía se coñece popularmente como a noite de San Xoán, que é, fóra doutro
 tipo de consideracións, a celebración do solsticio de verán ou, o que é o
 mesmo, da noite máis curta do ano. Os Barbanzóns é un clan composto pola nai,
 natural do castro de Baroña, Tara, polos seus tres fillos, Con, Bre e Lerankos;
 a nora irlandesa, Guinness; o xenro das montañas orientais do que hoxe é
 Galicia, Bar; os tres netos, Son, Baal e Minu, e un oso chamado Banza. Neste
 caso afondan nunha das súas festas favoritas por toda a diversión que conleva –é
 o comezo do verán– explican os ritos e os costumes ancestrais vencellados con
 esta data tan   sinalada. E é que, moitas
 veces, non hai mellor forma de explicarlles aos máis pequenos as cousas que a
 través da banda deseñada. Este é un exemplo.