"O pequeno bastardo que cambiou o mundo para sempre"
Lágrimas en silencio
.
Novas de interese - Editorial Toxosoutos.com.
Detalle da nova:
Navegar Galicia Investigación terminolóxica
Autor: Lucía Seoane 22/03/2012
A Editorial
Toxosoutos vén de presentar No meu mar, na miña lingua. Subtitulado “Léxico de embarcacións
e deportes náuticos”, o volume vén ser o resultado dun traballo de
investigación terminolóxica levado a cabo polo ENDL do IES Félix Muriel ao
longo de tres cursos académicos –2007–2010– no transcorrer dun proxecto máis
amplo denominado, precisamente, como o título do propio libro. Certamente,un
esforzo que nos achega unha magnífica información acerca non só de apartados
léxicos, senón tamén etnográficos de vital relevo na nosa cultura. Alén diso, o
texto non descuida a información actual, polo que estamos diante dunha
ferramenta de grande utilidade e non, como adoita acontecer en ocasións, diante
dunha simple recolla –por máis que importante– da memoria. A vitalidade, a
presenza do mar do noso país, das súas xentes, tradicións e do devir cotián percorre
as páxinas desta entrega onde aprendermos que é un “estrobo”, que cousa
significa “barraganete” pero onde –mediante unha adecuada presentación gráfica–
comprobamos tamén a conformación dun arco de batea. Parabéns
Aceptar
Empregamos cookies propias e de terceiros que nos permiten ofrecer os nosos servizos. Ao empregar os nosos servizos, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información