"O pequeno bastardo que cambiou o mundo para sempre"
Lágrimas en silencio
.
Noticas de interés - Editorial Toxosoutos.com.
Detalle de la noticia:
Versos corrente de lava
Autor: Montse González 10/02/2012
Di Olga Novo que poesía é choque brutal que muda a nosa pel. Supuración da experiencia profunda. Corrente de lava que nos expulsa de nós mesmos. Vida, e non só exercicio literario. E así é o seu novo libro, Cráter, que Toxosoutos acaba de tirar do prelo. Obra fervenza, como todas as súas. Torrencial. Volcánica. A autora anunciara xa n"A teta sobre o sol que a súa arela era máis a intensidade que a perfección. E niso anda.
E non é a única. Ela mesma explica que todos os poemas do mundo están conectados por unha sorte de sondas subterráneas. Fíos invisibles. Diálogos múltiples. E debe de ser certo. Cráter amosa confluencias con outros dous poemarios que chegaron recentemente ás librarías, ambos editados por Espiral Maior: Acuática Alma de Marta Dacosta e Leopardo son de Pilar Pallarés. Alén de diverxencias xeracionais.
Aceptar
Usamos cookies propias y de terceros que nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Más información