No seo dunha nova colección poética, o que resulta unha excelente noticia, que edita 
Toxosoutos, volve a palabra poética de 
Claudio Rodríguez Fer nun volume publicado baixo o título de 
Unha tempada no paraíso.
 Falamos aquí, así pois, de paraísos literarios, como os que pensaron 
Breton, Raimbaud ou Baudelaire, mais este fondamente  humanístico e 
vital, introducido con moito tino,  pertinencia e asisada interpretación
 analítica pola tamén poeta 
Olga Novo. A autora de 
Nós nús,
 xa que logo, é quen apunta con ánimo esclarecedor  as claves semánticas
 e simbólicas deste volume establecendo unha intelixente lectura 
onde, ademais de subliñar os elos desta peza coa obra anterior 
do autor, destaca que o libro se asenta nun “paraíso antiblíblico 
conectado cos praceres da carne” e que nace dunha “libertaria arela 
humanista, acompasada ás aperturas múltiples da posvangarda, abeirada 
aos límites cognoscitivos”.