Noticas de interés - Editorial Toxosoutos.com.


Detalle de la noticia:



O Premio de Historia Medieval recae nun estudo sobre servos


Autor:      XORNAL DE GALICIA
18/12/2010

Marcos Fernández Ferreiro conseguiu o X Premio de Historia Medieval
cun estudo titulado Servos e escravos altomedievais no noroeste da
Península Ibérica. Segundo o xurado deste premio –organizado pola
Editorial Toxosoutos e os Concello de Carnota, Noia, Lousame, Outes e
Porto do Son– a obra premiada achega unha ampla e variada documentación
do período para explicar os “diferentes elementos que caraterizaban a
categoría social dos grupos campesiños chamados servos”.


O xurado entregou o segundo premio ao estudo Elementos de adorno
altomiévicos em Portugal (séculos V a VIII) de Andreia Catarina
Magalhaes Arezes. Segundo o xurado, a obra constitúe un “inventario de
metais visigodos de Portugal”.


Finalmente, o xurado recompenda a publicación de Epitome de los
argumentos y sucesos del insigne Monstaerio de Celanova, cuxa autoría é
de José Ramón Hernández Figueiredo.


A entrega dos premios e a presentación dos volumes publicados
celebrarase no mes de marzo de 2011 e os organizadores do galardón xa
convocaron a undécima edición do Premio, que terá lugar en Noia o 17 de
de­cembro de 2011, coincidindo co cabodano do Mariscal Pardo de Cela.