"O pequeno bastardo que cambiou o mundo para sempre"
Lágrimas en silencio
.
Novas de interese - Editorial Toxosoutos.com.
Detalle da nova:
As deusas do calvario
Autor: La Voz de Galicia 25/11/2010
A asociación Barbantia
volve ocupar un oco na axenda cultural do fin de semana. Faino
organizando unha presentación literaria, a cargo de Francisco Antonio
Vidal, que falará en Palmeira do seu novo libro, As deusas do Calvario . A obra narra a historia dun grupo de mulleres que teñen que enfrontarse a unha serie de vicisitudes.
Ademais
do autor, no acto estarán presentes os socios de Barbantia Xesús Laíño
e Plácido Betanzos, a representante do Ateneo Valle-Inclán Rosa García
Pose e o alcalde de Ribeira, José Luis Torres Colomer. Tamén se dará a
coñecer un novo número da voz de Barbantia .
Aceptar
Empregamos cookies propias e de terceiros que nos permiten ofrecer os nosos servizos. Ao empregar os nosos servizos, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información