Listado de novas:
 
																																						
  
																			
																			
                                                                            
                                                                            
																																						                                                                            
																				
																					
																						
																							
																								
																									
                                                                                                    
																										 
																										
																										
																										O IES OTERO PEDRAYO DE OURENSE ACOLLE A PRESENTACIÓN DO LIBRO O FIO DA ESCRITURA
																										 
																										Autor:       Tempo de lecer 19/03/2011 
																								
																									 | 
																								 
																								
																									
																																																	
 O Paraninfo do Instituto de Educación Secundaria  
Otero Pedrayo de Ourense acolleu o venres, día 18 de marzo, o acto de  
presentación do libro O fío da escritura, editado por  
Toxosoutos e do que é autor o filólogo ourensán David González Couso. No
  transcurso do acto levouse a cabo tamén a clausura dos I Encontros da Serie Esmorga, unhas
  citas literarias promovidas por Toxosoutos que se desenvolveron en  
diferentes lugares de Galicia co obxectivo do lanzamento dunha nova  
colección da editorial, a Serie Esmorga.        O fío da escritura é
 un traballo de  investigación que amosa o labor cultural dos Gaite na 
Galicia do século  XIX e comezos do século XX. O seu autor, David 
González Couso, explicou  que este é xa o cuarto libro que escribe sobre
 esta temática, ademais  doutros sete artigos en revistas de literatura e
 subliñou que o  obxectivo da publicación é dobre. “Por unha banda quero
 pechar o meu  ciclo de investigacións sobre a familia Gaite e, pola 
outra, quero por  de manifesto a importancia das súas contribucións ao 
Ourense dos séculos  XIX e XX”. O libro inclúe as pescudas sobre 
personaxes como os irmáns  Antonio e Joaquín Gaite Núñez -bisavó da 
autora-, vencellados ao ensino  ou ao xornalismo e facsímiles escritos 
por estas figuras, moitos deles  inéditos.        As vivencias de Carmen Martín Gaite en Ourense        O
 poeta e profesor Claudio Rodríguez Fer, autor  do limiar da obra, falou
 no acto para facer un percorrido polos grandes  escritores ourensáns ou
 vinculados a Ourense e para situar neste  contexto a Carmen Martín 
Gaite. Segundo as súas palabras, “o libro de  David permítenos tirar da 
ourensanía para situar nela a Carmen Martín  Gaite, partindo da base de 
que as vivencias infantís e xuvenís da  narradora en Ourense tiveron 
moita importancia na elaboración de toda a  súa obra”.        No
 acto interviron tamén Luís Fernández, director  do IES Otero Pedrayo, a
 onde pertence o arquivo no que David González  fixo boa parte das súas 
pescudas para escribir o libro e a filóloga  María do Carmo Henríquez, 
que subliñou o traballo do escritor. “David  ven de realizar un labor 
meritorio e máis nunha sociedade onde trunfa a  mediocridade e onde está
 de moda o vulgar. Dignificar a literatura, os  escritores e a lingua é 
un traballo que hai que facer con seriedade e  rigor”, declarou.        Clausura dos I Encontros da Serie Esmorga        O acto de presentación do libro O fío da escritura serviu tamén para clausurar os I Encontros da Serie Esmorga, unha
  iniciativa literaria promovida pola editorial Toxosoutos –da que David
  González é director de publicacións- co gallo da posta en marcha da 
súa  nova colección: Serie Esmorga. A iniciativa ten por obxectivo a divulgación de grandes obras clásicas en edición bilingüe e de traballos da literatura galega.        O
 Consello Asesor desta nova colección  está formado polos escritores 
Ramón Caride Ogando, Xerardo Méndez,  Francisco X. Fernández Naval e 
Jorge Emilio Bóveda, que subliñaron no  acto de clausura dos encontros a
 importancia desta nova colección e a  súa implicación no seu 
desenvolvemento. Nesta liña, Fernández Naval dixo  sentirse “moi 
orgulloso desta colección como ourensán”; Xerardo Méndez  subliñou o 
poder da literatura como “ese espello no que nos temos que  mirar para 
non asustarnos da realidade” e Jorge Emilio Bóveda puxo de  manifesto o 
papel que cumpre a nova serie no tocante á normalización da  lingua 
galega. 
 [...]	
																									 | 
																								 
																								
																									| 
																										      Ler máis...																				
																										
																									 | 
																								 
																							 
																						 | 
																					 
																				 														
																			 
																																												
																																						                                                                            
																				
																					
																						
																							
																								
																									
                                                                                                    
																										 
																										
																										
																										Beiras y Paco Rodríguez con Cervantes por medio  Los líderes presentaron dos libros sobre Brañas y Rosalía
																										 
																										Autor:       Alexis Fernández 17/03/2011 
																								
																									 | 
																								 
																								
																									
																																																	
 A menos de quince metros de separación física, que no política, dos de 
los principales líderes del nacionalismo gallego y de su principal 
frente, el Bloque Nacionalista Galego, presentaron ayer sendos libros. A
 la misma hora y con Cervantes por medio, Xosé Manuel Beiras presentaba 
en la Libraría Couceiro A crise económica na época presente e a descentralización rexional,
 de Alfredo Brañas, un libro que el que líder de Encontro Irmandiño 
presentó a seis manos con el el economista Afonso Ribas y David González
 Couso. En esta nueva publicación de la editorial Toxosoutos, Brañas 
aborda la crisis que le tocó vivir, a finales del siglo XIX y su 
incidencia en Galicia y las claves de la descentralización.
 [...]	
																									 | 
																								 
																								
																									| 
																										      Ler máis...																				
																										
																									 | 
																								 
																							 
																						 | 
																					 
																				 														
																			 
																																												
																																						                                                                            
																				
																					
																						
																							
																								
																									
                                                                                                    
																										 
																										
																										
																										Alfredo Brañas: o "gurú" do século XXI 
																										 
																										Autor:       Marta Rodríguez 17/03/2011 
																								
																									 | 
																								 
																								
																									
																																																	
 O título fala por si só: A crise económica e a descentralización rexional.
 ¿Unha análise dun dos actuais gurús da negra coxuntura que nos afoga? 
Non: o autor foi Alfredo Brañas, que configura un retrato da Galicia de 
1892 que perfectamente se podería exportar ó século XXI, e que foi 
recuperado pola editorial Toxosoutos grazas ó empeño do catedrático de 
Economía e presidente da Fundación Galiza Sempre Xosé Manuel Beiras.   O
 tamén líder do Encontro Irmandiño prologa este libro traducido por 
Afonso Ribas, presentado onte na libraría Couceiro compostelá, e 
descóbrenos un intelectual inédito "criptonacionalista" e soberanista, 
que se atreve a reclamar as competencias totais para a rexión galega na 
lección inaugural do curso universitario 1892-93 na actual Facultade de 
Xeografía e Historial, nunha Compostela "finisecular, chea de curas e 
beatas", segundo indica Beiras, que vai máis aló e afirma: "era máis 
difícil que Brañas se manifestase explicitamente como nacionalista que 
eu quitase un zapato no Parlamento. A censura era brutal".  Neste 
discurso, extensísimo e que de seguro non foi lido na súa totalidade 
diante da súa audiencia e que se recupera nesta publicación, Brañas xoga
 a debullar un auténtico programa político no que propón "dous poderes 
separados e distintos, e deles, que o rexional sexa o único soberano 
para ditar as súas leis orgánicas e administrativas".  O 
intelectual compostelán, ademais, insiste no seu discurso na toma de 
conciencia de Galicia como rexión "cunha percepción da súa personalide 
xurídica, completamente allea ás outras", polo que para Beiras, esta é 
unha clara mostra de que "está falando do espírito do pobo, tomando 
conciencia da súa identidade diferenciadora, e hoxe isto pode estar 
suscrito tanto por nacionalistas kurdos,como irlandeses, escoceses e 
imaxino que o BNG tamén o suscribirá", ironizou, afirmando que esta 
definición "é máis completa da rexión como suxeito activo que a de 
Castelao en Sempre en Galiza".    Despois de analizar 
polo miúdo a faceta máis descoñecida de Alfredo Brañas, que fica fóra 
dos principais estudos sobre a súa persoa, como o realizado por Ramón 
Maiz, o presidente da Fundación Galiza Sempre recupera a análise de 
crise de finais do século XIX, "cunha vixencia actual absolutamente 
asombrosa", froito da loita pola hexemonía económica mundial que lle dá 
paso á consolidación de Estados Unidos, e hoxe asistimos, precisamente, á
 decadencia do imperalismo ianqui.    Brañas, ademais, analiza os 
principais problemas dunha creba con altibaixos que desembocou na I 
Guerra Mundial, como a financialización, a fuxida do capital produtivo 
ós mercados financeiros e, en troques, a hexemonía do capital. "Isto se 
podería extrapolar perfectamente a José Luis Méndez -o que fóra o 
mandamás de Caixa Galicia-,  ou ós produtores lácteos, que querían facer
 de Clesa o gran grupo lácteo galego e os bancos lles dixeron "tururú", 
ironizou Beiras, que lles mandou unha mensaxe ós políticos: "deberiamos 
aprender da historia, que aporta moitas solucións ós problemas actuais, 
pero o problema é que non len".   A historia dun discurso perdido e vixente   A crise económica na época presente e a descentralización rexional
 é  unha reedición da obra de Alfredo Brañas pero, realmente, "é unha 
novidade absoluta  porque é a súa primeira edición despois de case 120 
anos", revela Xosé Manuel Beiras, empeñado en lograr que vise a luz a 
través de Toxosoutos na colección económica Ponto Básico pola súa 
absoluta vixencia na actualidade.  O seu tradutor, Afonso Ribas, impulsor da revista económica Unipro,
 desvelou que o proxecto naceu hai tres anos, cando inicialmente a obra 
se ía publicar como anexo da revista, pero finalmente culminou nunha 
reedición. O único ó que tiveron acceso pertencía á Fundación  Penzol, 
bastante reacia a prestalo polo seu mal estado, pero finalmente 
fotocopiouse. Na obra descúbrese a un Brañas "do Renacemento" que foxe 
do estigma que lle ten a esquerda, quizais porque o PP creou unha 
fundación co seu nome.   
 [...]	
																									 | 
																								 
																								
																									| 
																										      Ler máis...																				
																										
																									 | 
																								 
																							 
																						 | 
																					 
																				 														
																			 
																																												
																																						                                                                            
																				
																					
																						
																							
																								
																									
                                                                                                    
																										 
																										
																										
																										A VOLTA DE XERARDO MÉNDEZ
																										 
																										Autor:       La Voz de Galicia 06/03/2011 
																								
																									 | 
																								 
																								
																									
																																																	
 Xerardo Méndez volta á actualidade literaria con Que cara trae o día,
unha novela que se presenta hoxe na Livraría Torga (ás 12.00 horas) e
que está editada por Toxosoutos. Catorce anos pasaron dende que
publicou a súa primeira obra e o autor recoñece que «eses mesmos anos
ten o texto. Comecei daquela con esta historia e en todo este tempo
funlle dándo voltas, cambiando cousas, dándolle forma».      En palabras do seu autor, Que cara trae o día,
é «unha historia de barrio protagonizada por un home que non se atopa a
gusto no sistema educativo da dictadura e acaba deixándoo. E a partires
de aí comeza unha nova vida». Dende entón na realidade do protagonista
comeza a ter «unha especial influenza e protagonismo a vida das
pandillas, moi importante e con moita presenza no Ourense de hai
décadas, os altercados, a tentación da droga -que na obra ten moita
importancia aínda que non se lla dá un especial protagonismo na novela-
e moitas máis cousas».      Xerardo
Méndez sinala que a novela non é autobiográfica «aínda que é evidente
que no arranque da obra, nas anécdotas e noutros aspectos pode haber
influenza do que coñeciches nalgún momento: os feitos reais moitas
veces son máis potentes e duros que os inventados» e incide en que «non
é máis que unha historia de barrio ambientada en Ourense». 
 [...]	
																									 | 
																								 
																								
																									| 
																										      Ler máis...																				
																										
																									 | 
																								 
																							 
																						 | 
																					 
																				 														
																			 
																																												
																																						                                                                            
																				
																					
																						
																							
																								
																									
                                                                                                    
																										 
																										
																										
																										Lupe Gómez amosaa súa crónica poética dos Peliqueiros 
																										 
																										Autor:       Redacción Galicia Hoxe 25/02/2011 
																								
																									 | 
																								 
																								
																									
																																																	
 A escritora e xornalista Lupe Gómez presentou onte en Compostela o seu novo libro, A grafía dos mapas,
 unha crónica poética dos Peliqueiros. Estes son días de moita 
literatura: hoxe, ás 20:30 horas na Casa da Cultura Avilés de Taramancos
 de Noia, a Asociación Cultural Barbantia presenta Cabalo de ouros de
 Víctor Freixanes, nun acto no que, ademais do autor, estarán Antón 
Riveiro Coello, Xerardo AgraFoxo, Encarna Pego e Isabel Santos e Rafael 
G. Guerrero.  Asi mesmo, mañá presentarase o Cartafol da Memoria nº 7
 , de Blanca - Ana Roig Rechou, dedicado a Cunqueiro, ás 20:30 horas  na
 Casa da Cultura de Portosín. E Toxosoutos dará a coñecer o vindeiro 
mércores ás 20:00 horas na libraría Couceiro de Santiago a peza teatral Labirinto da Memoria de Euloxio R. Ruibal.
 [...]	
																									 | 
																								 
																								
																									| 
																										      Ler máis...																				
																										
																									 | 
																								 
																							 
																						 | 
																					 
																				 														
																			 
																																												
																																						                                                                            
																				
																					
																						
																							
																								
																									
                                                                                                    
																										 
																										
																										
																										«Neste libro os textos nacen das imaxes de EmilioAraúxo» 
																										 
																										Autor:       Concha Pino 25/02/2011 
																								
																									 | 
																								 
																								
																									
																																																	
 
  
    A escritora e xornalista Lupe Gómez presentou na 
librería Pedreira A grafía dos mapas (Toxosoutos), unha obra poética que
 non é só un poemario, porque tamén hai nela teatro, ensaio e as 
fotografías de Emilio Araúxo que lle deron pé a deixar voar a súa 
imaxinación para crear «combinando imaxes e textos, a grafía e os mapas,
 algo que me gusta facer moito, e que neste caso son fotografías do 
entroido de Ourense, que non coñezo ben, pero que me serviron para 
regresar á miña infancia e ao entroido en Fisteus». 
    Na presentación falou de Lupe e da súa obra a tamén
 poeta e bailarina Branca Novoneyra, e houbo una parte musical a cargo 
de Xavier Díaz e Guille Fernández. Antes, a autora leu algúns dos seus 
textos e falou da xeografía case íntima «e inventada» da rúa do Home 
Santo, na que está a librería e que forma parte do barrio no que vive 
Lupe, «un verdadeiro barrio literario». 
   
 [...]	
																									 | 
																								 
																								
																									| 
																										      Ler máis...																				
																										
																									 | 
																								 
																							 
																						 | 
																					 
																				 														
																			 
																																												
																			                                                                             
															
																			
																																						
																																				
																
																		
											
											
											 | 
										   
										 
									 	
								 
								
  
							 |