Listado de noticias:
 
																																						
  
																			
																			
                                                                            
                                                                            
																																						                                                                            
																				
																					
																						
																							
																								
																									
                                                                                                    
																										 
																										
																										
																										Poesía Completa de Xosé Lois García
																										 
																										Autor:       La Voz de Lemos 22/09/2011 
																								
																									 | 
																								 
																								
																									
																																																	
 O escritor chantadino Xosé
 Lois García presentará  este mes en Monforte e Lugo un libro que 
recolle a prática totalidade da  súa obra poética. O libro acaba de ser 
publicado pola editorial  Toxosoutos en dous volumes que suman en total 
735 páxinas. A primeira  destas presentacións levarase a cabo o día 14 
na galería Sargadelos de  Lugo ás oito da tarde. En Monforte a obra será
 presentada o 18 co mesmo  horario, tamén na galería Sargadelos. 
Previamente, o día 11, haberá  outra presentación na librería Couceiro 
de Santiago, igualmente ás oito  da tarde, A
 obra recolle integramente 22 poemarios publicados  por García entre 
1972 e o 2009, desde Cancioneiro de Pero Bernal ata  Poemas 
pornofálicos. A edición non inclúe outro libro de poemas,  Petroglifia, 
dedicado aos gravados rupestres de Sober e publicado pola  mesma 
editorial a finais do ano pasado. Esta obra, xunto con outros  poemarios
 que o autor publique eventualmente a partir de agora, será  incluída 
máis adiante nin terceiro volumen. A
 edición recupera os prefacios redactados  orixinalmente para algunhas 
destas obras polos escritores galegos Manuel  María, Uxío Novoneyra, 
Basilio Losada, Xosé Luís Axeitos e Vicente  Araguas, os portugueses 
Vergílio Alberto Vieira e Maria João Reynaud e o  brasileiro Andytias 
Soares de Moura. O conxunto está encabezado por un  extenso estudo sobre
 a obra poética de García a cargo do escritor e  crítico quirogués 
Camilo Gómez Torres. En tres idiomas  A
 maior parte da poesía de Xosé Lois García, como o  resto da súa 
produción literaria -que ademais comprende obras  ensaísticas, 
narrativas e teatrais e varias antoloxías e traducións-  está escrita en
 galego, pero o autor chantadino tamén publicou en  portugués os libros 
Labirinto incendiado, Sambizanga e África em  sinfonia solar, que 
figuran igualmente nesta edición. O uso literario  desta lingua está 
relacionado co intenso labor desenvolvido polo  escritor chantadino como
 estudoso e divulgador das literaturas de  expresión portuguesa. A
 edición recolle por outro lado o único poemario  publicado ata agora 
por García en catalán, Cruïlles de Sant Andreu de la  Barca. O escritor,
 que reside desde hai moitos anos en Cataluña,  publicou tamén numerosos
 estudos en catalán sobre a historia do  municipio barcelonés de Sant 
Andreu de la Barca, onde é responsable do  arquivo histórico local. 
 [...]	
																									 | 
																								 
																								
																									| 
																										      Leer más...																				
																										
																									 | 
																								 
																							 
																						 | 
																					 
																				 														
																			 
																																												
																																						                                                                            
																				
																					
																						
																							
																								
																									
                                                                                                    
																										 
																										
																										
																										Derradeiras horas de Juana Capdevielle
																										 
																										Autor:       Armando Requeixo 09/09/2011 
																								
																									 | 
																								 
																								
																									
																																																	
 A morte de Juana Capdevielle aconteceu  de xeito tan agónico e brutal 
que o puro relato documental da mesma  constitúe xa de por si, sen 
aditamento ningún de ficción, unha  verdadeira traxedia. Nada máis 
esperable, pois, que alguén, algún día,  se decidise por converter aquel
 tristísimo episodio nunha novela.  Iso debeu pensar Vicente Piñeiro González, autor da recente Asasinos, asasinos, asasinos!, onde con nobre empeño narra as dúas últimas horas de vida da intelectual republicana.  Juana
 Capdevielle, muller que fora de  Francisco Pérez Carballo (gobernador 
civil republicano da Coruña, a quen  mataron os fascistas sublevados), 
resultou pronto persoa non grata para  as novas autoridades 
profranquistas, quen vían nela unha dobre mácula:  ser viúva de quen era
 e profesar como intelectual liberal  e republicana  de prestixio.  O
 asasinato perpetrado contra ela  adquiriu, sen dúbida, carácter de 
vendetta exemplarizante: apresada na  Coruña, foi levada en auto durante
 case un cento de quilómetros para ser  tiroteada nunha gabia de Rábade,
 vila próxima á capital lucense, onde  ficou sen vida e —extrema 
iniquidade— sen poder chegar a dála, pois ía  encinta.  Asasinato tan inhumano é o que Vicente Piñeiro quixo recrear a través do seu monólogo Asasinos, asasinos, asasinos!,
  pois esas dúas derradeiras horas en coche e a lembranza que da súa 
vida  e circunstancias puido chegar a facer nelas Juana Capdevielle é o 
que  conforma a cerna narrativa deste libro, que conta, amais, cun amplo
  capítulo introdutorio de carácter ensaístico asinado polo propio 
autor.  O valor desta obra cómpre 
procuralo non  tanto nos posibles acertos literarios coma na admirable 
recreación dun  suceso que merecía gardarse, tamén si, como memoria 
ficcionada. Por iso,  que en Asasinos, asasinos, asasinos! 
poida máis o pulo  historicista do docudrama non impide recoñecer nel o 
acerto de recuperar  e reactualizar para as novas xeracións unha 
historia que clamaba por  ser rescatada do esquecemento.  Benia
 a Vicente Piñeiro e aos seus  editores noieses de Toxosoutos, pois 
libros como este recórdannos que a  literatura, amais de para outro 
milleiro de cousas, tamén serve para  manter aceso o facho da dignidade 
humana. 
 [...]	
																									 | 
																								 
																								
																									| 
																										      Leer más...																				
																										
																									 | 
																								 
																							 
																						 | 
																					 
																				 														
																			 
																																												
																																						                                                                            
																																												
																																						                                                                            
																				
																					
																						
																							
																								
																									
                                                                                                    
																										
																										
																										
																										Novidades outono 2011
																										 
																										Autor:       La Voz de Galicia 29/08/2011 
																								
																									 | 
																								 
																								
																									
																																																	
 O outono é tempo de recuperar clásicos da literatura galega e internacional, como fan as traducións de A tribuna, de Emilia Pardo Bazán (Toxosoutos); a historia da boa Crictor, de Tomi Ugerer (Kalandraka); os célebres Contos por teléfono, de Gianni Rodari (Kalandraka); ou Rip Van Winkle, de Washington Irving (Toxosoutos). 
 [...]	
																									 | 
																								 
																								
																									| 
																										      Leer más...																				
																										
																									 | 
																								 
																							 
																						 | 
																					 
																				 														
																			 
																																												
																																						                                                                            
																																												
																																						                                                                            
																				
																					
																						
																							
																								
																									
                                                                                                    
																										
																										
																										
																										A espiral narrativa de Claudio Rodríguez Fer
																										 
																										Autor:       Armando Requeixo 21/08/2011 
																								
																									 | 
																								 
																								
																									
																																																	
 Non é a primeira vez que chamo a  atención sobre ese pernicioso hábito 
adquirido de etiquetar os autores  non polo conxunto da súa produción, 
senón unicamente por aquela faceta  que, polo motivo que sexa, os fixo 
máis coñecidos.  Este feito, contrario á 
xusta  ponderación, é o que explica que asociemos decote o nome de 
Claudio  Rodríguez Fer ao da mellor poesía galega das últimas décadas ou
 ao da  máis alta investigación literaria e que se nos faga estraño velo
  asociado ao da narrativa, por exemplo.  E o caso é que o de Lugo é narrador dende hai corenta anos. Demóstrao o seu último libro publicado, Contos e descontos, no que reúne toda a súa narrativa completa édita e inédita.  En
 efecto, neste volume figuran  compilados relatos escritos por Rodríguez
 Fer na mocidade e que aínda  non viran luz, como os agrupados baixo o 
título común de Prometeo adolescente (1972-1976), ademais dos dous libros de contos Meta-relatos (1988) e Os paraísos eróticos (2010) e mais o apéndice O neno que non quería ir á guerra. Recordos dun neno da posguerra (2010), que tamén achega tres novas historias descoñecidas ata o de agora.  Por
 xunto, toda esta obra supera  longamente os tres centos de páxinas e, 
en non poucos casos, inclúe  prosas de calidade contrastada que foron 
mesmo escolmadas nas máis  prestixiosas antoloxías do xénero. Por tanto,
 cómpre ir desterrando esa  idea reducionista do Rodríguez Fer poeta e 
mais nada que tan adoito  circulou.   Canto aos relatos deste Contos e descontos
  evidencian moi distintas apostas tanto no seu contido coma na súa  
técnica, o que non debería de estrañar a ninguén se se pensa que algúns 
 foron escritos por un rapazolo de apenas dezaseis anos e outros son 
obra  madura dun autor consagrado. Así, mentres as historias de Prometeo adolescente
  son textos de tecido máis inxel, imbuídos de simbolismos moi patentes e
  referentes de maior calado efectista (coas sombras de Poe, Lovecraft, 
 Cortázar ou Borges pairando ao fondo), os contos de Meta-relatos ou Os paraísos eróticos
  demostran unha mestría na depuración, no xogo metaliterario e na  
destreza da pulsión erótica como asunto principal que, xaora, aínda non 
 existía tan notoriamente nos relatos primeiros.  De igual maneira, a enluvada acomodación á voz dun neno narrador protagonista nas historias que contén O neno que non quería ir á guerra
  conseguen un aparente naïf tras do que se agocha unha moi elaborada  
crítica social, de calado moral indubidable e iluminador cuestionamento 
 da nefasta deriva na que se instalou o Poder en épocas recentes.  A visita a estes Contos e descontos,
  por tanto, ofrecerá a quen ler “Pre-relatos” de estirpe visionaria e  
fundacional, creacións cósmicas e metamorfoseadoras no “Ciclo de Ión”,  
contos de compromiso certo e estética sinalada en “Entre a pavura e a  
revolución” e unha reveladora ollada aos tempos do último franquismo en 
 “Eu teño un canciño”, “A vaca con zocas” ou “A republiquiña dos  
animais”. Se ao anterior sumamos os “Logaritmos” literarios, a “Fábula  
fauna” simbólica e a transgresión en “Flérida floresta” de Meta-relatos
  ou a transmigración anímica das “Belas e bestas”, o eros sen mesura 
das  “Entregas” ou o tríade iniciático de “Tres” do amentado Os paraísos eróticos
  teremos como resultado un volume plural nos seus vieiros máis unívoco 
 na calidade que os preside, por forza polimorfo e espiral nas súas  
concrecións ao longo do tempo, mais sempre reivindicador da intensidade e
  a entremestura indisoluble de vida e literatura, escrita e ser, como  
arkhés vitais irrenunciables.  [Publicado nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños, 21-8-2011] 
 [...]	
																									 | 
																								 
																								
																									| 
																										      Leer más...																				
																										
																									 | 
																								 
																							 
																						 | 
																					 
																				 														
																			 
																																												
																			                                                                             
															
																			
																																						
																																				
																
																		
											
											
											 | 
										   
										 
									 	
								 
								
  
							 |