Noticas de interés - Editorial Toxosoutos.com.


Detalle de la noticia:



Ver noticia

Unha épica en construción


Autor:      Daniel Salgado
07/06/2012


Pallarega(Toxosoutos, 2012), de Marcelino Fernández Mallo, é o exemplo que coloca do contrario: o relato dun home, case o do pai do escritor, que sae a Madrid e de aí a La Habana. “Está moi ben, pero é próximo á biografía”.

Nese cruzamento de factores emerxe outro silencio, o que atinxe á emigración á Europa posterior á Segunda Guerra Mundial. Trescentos mil galegos viaxaron cara ao norte para participar, nunha posición subalterna, da reconstrución industrial dos territorios arrasados na contenda. Xohana Torres novelouno. Adios, María (Galaxia, 1971) válese dunha sucesión de monólogos para relatar como unha rapaza de 15 anos asume que os seus pais emigran ao norte de Francia e ela queda a cargo do seu irmán pequeno. Torres, académica e voz poética fundamental, hai anos que se gorece no mutismo público. É Freixanes quen cualifica o libro como “a primeira obra importante sobre a emigración europea”. E unha das poucas.