Novas de interese - Editorial Toxosoutos.com.


Detalle da nova:



Ver noticia

Tempo de homes bos. Nobres e literatura


Autor:      Alfredo Iglesias Diéguez
31/05/2012


Nunha
sociedade dividida entre a nobreza, a clase social que gozaba do poder militar,
xurisdicional e económico, e mais o pobo, a clase social traballadora que
sustentaba coas rendas do seu traballo a papas, emperadores, reis,
infantes,condes,cabaleiros, abades, bispos…, isto é,os membros da clase dos
“ben nacidos” e dos“homes bos”, como se refiren na documentación medieval os
grupos sociais privilexiados, a produción literaria exerce unha función
apoloxética dese réxime cristián feudal, tanto na súa faciana relixiosa como na
política e social. Precisamente por esa razón, pódese pescudar no amplo corpus lírico
galego–portugués esa función lexitimadora da literatura,que sinale a norma que
debía guiar quen ostentase algunha dignidade nobiliar, o que podía realizar mediante
a sátira mordaz ou mediante o exemplum, segundo fose unha cantiga de escarnio
ou maldizer ou unha cantiga mariana do rei Afonso X o Sabio, sinalando aqueles comportamentos,
como a covardía, a traizón ou a presunción, que tan lonxe deberían estar da ética
feudal. Eís o traballo que realizou o profesor Antonio Rey Somoza, autor d’ A
nobreza medieval na lírica galego–portuguesa, volume imporante no
que achega un coñecemento da nobreza galega medieval que ás veces non figura recollido
nas fontes documentais tradicionais.

Faro da Cultura, p. VII