Novas de interese - Editorial Toxosoutos.com.


Detalle da nova:



BREIZH, de Miro Villar


Autor:      Fervenzas literarias
18/04/2013


Ar-Mor. No mar. País do mar. Un mar que vai e ven. Mar que da vida e reivindica morte. Un mar que é o comezo da fin da terra, das fins da terra. Un mar que une fisterras.



Miro Villar nos ofrece en Breizh (Toxosoutos) un diálogo entre dúas fisterras: Galicia e Bretaña. Dúas periferias afastadas e unidas polo mesmo recendo a salgado. O poeta de Cee fotografía as paraxes de Bretaña e nolas ofrece en forma de haiku. Pont-Aven, Karnag, Saint-Goustan... semellan neste libro ser follas abaneadas suavemente polo vento. Velaí a esencia das imaxes que nos mostra Miro Villar neste Breizh.



Un libro para ler amodo, para deixarse levar e percorrer esa xeografía que, no fondo, está tan unida a nós por esas veas salgadas das que fala Miro Villar nun dos seus haikus. Unha unión e unha tradición que perdura dende séculos atrás e que se manterá no tempo grazas a achegas como este Breizh.