Pintalabios
![](Images/espacio.gif)
![](Images/espacio.gif)
|
00418
978-84-92792-57-3
Pintalabios
Poesía
11,00 €
82pp Ana Cibeira titula este libro Pintalabios, como unha chamada de atención sobre o que perdeu xa a categoría de excepcional revisando, a un tempo, o seu simbolismo, máis complexo do que podería parecer a primeira vista. Válese así dos tres elementos precisos para realizar o ritual: lapis, pintalabios e algodón -que son tamén as tres partes-materia en que se organiza o volume- e converte ao xesto nun deliberado reclamo sobre a boca, ese vestíbulo do corpo polo que entra o alimento e saen as palabras, o territorio macio onde interactúan en forma de beixo dous seres, o “cálido fogar/ aberto rabuño na carne/ delicada ó sul da face” -como fermosamente escribe a autora- que nos permite o sorriso, se contrae na dor e censura o pranto. |
|
![]() |