O filósofo ignorante

<    >    

O filósofo ignorante


:   Voltaire

130x210mm. 187 páx.


14,00 €


  

Esmorga

Ver productos de Esmorga
Esmorga

Esmorga


  :

  00770

  :

  978-84-125915-9-0

  :

  O filósofo ignorante

  :

  Voltaire
            

  :



  :

  130x210mm. 187 páx.

  :

14,00 €    

  :

O filósofo ignorante é unha obra tardía e non das máis coñecidas, pero moi fácil de ler, mesmo para quen non estea moi afeito a estudar Filosofía. É unha colección de textos breves, frescos e irónicos, ás veces tamén frívolos, posto que descualifica un pouco alegremente a outros pensadores, pero terase en conta que son reflexións escritas un pouco a voa pluma e non un profundo tratado filosófico. o título refírese ó feito de que a tarefa do filósofo sempre queda sen fechar, e as súas reflexións nunca chegan ó final.

A ilustración, un movemento cultural e intelectural que tivo lugar entre finais do século XVII e o inicio da Revolución Francesa, nace co gallo de disipar, mediante as luces do entendemento, as tebras nas que a relixión e os prexuízos tiñan sumida á humanidade. Os filósofos ilustrados máis sólidos son Locke, Hume e Kant, pero, cando escoitamos falar da ilustración, pensamos primeiro en Francia. En parte porque en Francia foi escrita e publicada a Encyclopédie, o buque insignia da ilustración, pero tamén porque os ilustrados franceses aparecen como so máis ilustrados. Estas virtudes quintaeséncianse, sen dúbida na irresistibel personalidade de Voltaire, case un símbolo do século XVIII.