Labirinto da memoria

<    >    

Labirinto da memoria


:   RUIBAL, EULOXIO R.

Friso contemporáneo


12,00 €


  

Nume

Ver productos de Nume
Nume

Prosa e verso da literatura galega


  :

  00403

  :

  978-8492792-72-6

  :

  Labirinto da memoria

  :

  RUIBAL, EULOXIO R.
            

  :



  :

  Friso contemporáneo

  :

12,00 €    

  :

65pp.

13x20

Labirinto da memoria desenvólvese en Compostela, durante a festa do Antroido. A invasión de Iraq é inminente e o tempo cíclico fúndese co histórico. As rúas e prazas da cidade monumental convértense en espazos de protesta, burla, sátira, ludismo e transgresión. Festéxase o Antroido ao mesmo tempo que se rexeita a guerra e se lembra a incompetencia gubernamental na catástrofe do Prestige. Mais no seo das sociedades burguesas neoliberais non deixa de aniñar o fascismo. Os enfrontamentos resultan inevitábeis. E estoupa a guerra contra o pacifismo. O peso do pasado (bélico) faise sentir de novo. Individual e colectivamente. O pasado volve unha e outra vez a repercutir no presente, a xeito de eterno retorno. As horas pasan circularmente en singular cronotopía, onde o actual e o pretérito se interfiren e confunden. Temporalízase o espazo (labiríntico) e o tempo (antroidesco e bélico) espacialízase. Os parámetros cronotópicos (carnavalizados) comprímense ou expándense, defórmanse ou falséanse, coa representación da cerimonia do xogo de identidades. O sucesivo vírase ás veces simultáneo. O horror de hogano poténciase ao revivir o horror de antano. Con ese pano de fondo, ritualízase unha historia de amor, tenrura, crueldade e violencia inserida na festa da realidade (verdade) disfrazada.