Servos e escravos altomedievais no noroeste da Península Ibérica

<    >    

Servos e escravos altomedievais no noroeste da Península Ibérica


:   Fernández Ferreiro, Marcos

Primeiro Premio de Historia Medieval de Galiza e Portugal 2010


13,00 €


  

Trivium

Ver productos de Trivium
Trivium

Historia medieval


  :

  00420

  :

  978-84-92792-81-8

  :

  Servos e escravos altomedievais no noroeste da Península Ibérica

  :

  Fernández Ferreiro, Marcos
            

  :



  :

  Primeiro Premio de Historia Medieval de Galiza e Portugal 2010

  :

13,00 €    

  :

124 páxs

15x21

Son moitos os conceptos cos que se designaba ós individuos das clases servís entre os séculos IX e XII. Xa que logo, esa multiplicidade de designacións converte a cuestión do vocabulario e a terminoloxía nun aspecto imprescindible cando se pretende estudar o tema da escravitude e a servidume nese período. Froito desa necesidade xorde a presente investigación, na que se aborda a tarefa de identificar a presenza dos servos nunha selección de fontes documentais senlleiras para historia medieval do espazo galego.

O traballo estrutúrase en dúas partes claramente diferenciadas. En primeiro lugar, elaborouse unha aproximación ó estado da cuestión, é dicir, unha imaxe resumida do controvertido reflexo que tivo esta temática no ámbito da historiografía. Seguidamente, amósase a análise e interpretación do denominado vocabulario da dependencia, considerando separadamente os conceptos medievais que se refiren ó estatus servil e ós seus integrantes.