- Editorial Toxosoutos.com.

Vences Fernández, Sergio:

Sergio Vences (Baños de Molgas, Ourense, 1936), doutor en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid, foi lector de español nas universidades alemanas de Colonia e Duisburgo entre 1969 e 1983, e redactor, locutor e tradutor para a Deutsche Welle (Radio Nacional de Alemaña para o Exterior), motivos polos que entrevistou a persoeiros como Cela, Madariaga, Halffter, Labordeta, Buero Vallejo e Arrabal, entre outros. En 1974 exerce como profesor de Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela e un ano máis tarde regresa de novo á Universidade de Colonia como profesor de Literatura española na Escola Universitaria de Tradutores e Intérpretes. En 1983 incorpórase ao corpo docente da universidade compostelá e no 1990, ao da Universidade d’ A Coruña. En 1995 convértese xa en catedrático numerario de Filosofía. Colaborador nas revistas Romanische Forschungen, Papeles de Son Armdans, Argumentos, e nos xornais La Nueva España (Oviedo), La Voz de Galicia, El Correo Gallego e El Ideal Gallego. Cela publicoulle no ano 1969 o libro La voz y el caminante. Tradutor de Dietrich Bonhöffer, Frederik Hetmann e Edmund Husserl. Autor tamén dalgunhas obras de teatro e poemarios entre 1994 e 2003, Sergio Vences ofrécenos agora a súa novela Nas profundas augas do esquecemento, na versión galega de Amelia Piñeiro Santorun.

:

Actualmente non está dispoñible ningunha publicación do autor seleccioado. Desculpe as molestias.