- Editorial Toxosoutos.com.

López Pereira, X. Eduardo:

X. Eduardo López Pereira (Trasalba, Ourense), licenciado en filoloxía clásica pola Universidade de Salamanca e doutor pola de Santiago de Compostela, é catedrático de Filoloxía Latina na Universidade da Coruña. Profesor invitado en diversas universidades españolas e estranxeiras, foi investigador na Bayerische Akademie der Wissenschaften (Alemaña, ano 1983), sendo daquela profesor da Universidade de Santiago. Dentro do ámbito da súa especialización, dedicouse sobre todo ao latín tardío e medieval, campo no que publicou libros como a Crónica Mozárabe de 754 ou o CorpusHistoriographicum Latinum Hispanum Medievale, ademais de case un cento de traballos en revistas especializadas, tanto nacionais como estranxeiras.

A súa especial dedicación á cultura dos textos latinos tardíos e medievais levouno a ocuparse moi especialmente daqueles relacionados co entorno da vella Gallaecia, desde que comezaron a xurdir os primeiros escritores indíxenas galaicos, tales como Exeria, Orosio, Hidacio ou Martiño de Braga, sobre os que ten publicado ducias de artigos, entre eles as correspondentes entradas na Gran Enciclopedia Galega e no Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego, pero especialmente varios libros: O primeiro espertar cultural de Galicia (1989), Exeria, viaxe a Terra Santa (1991), Códice Calixtino, Liber IIII Scti. Jacobi Apostoli (1993), Cultura, relixión e supersticións na Galicia sueva. Martiño de Braga "De correctione rusticorum" (1996), polo que obtivo o premio Taboada Chivite do ano 1994, Martiño de Braga,Poemas (1997).

Dentro deste marco de estudo dos textos e documentos latinos referentes a Galicia, dirixe na actualidade e desde o ano 1994 o proxecto de investigación Corpus Documentale Latinum Gallaeciae (CODOLGA) no centro de investigación para as humanidades “Ramón Piñeiro”, que ofrece en rede a todos os investigadores e interesados pola cultura galega máis de 12.000 documentos latinos desde os século VIII ata o XIV para o seu estudo e análise (http://corpus.cirp.es/codolga).

:

 Códice Calixtino. Guía medieval do peregrino Códice Calixtino. Guía medieval do peregrino

Texto bilingüe latín-galego. Estudo introdutorio ampliado e revisado

15,00 €