:
 
																																						
  
																			
																			
                                                                            
                                                                            
																																						                                                                            
																				
																					
																						
																							
																								
																									
                                                                                                    
																										 
																										
																										
																										A crise que non cesa
																										 
																										:       X. M. Beiras 10/04/2011 
																								
																									 | 
																								 
																								
																									
																																																	
 	
		
			
	
	
 
			
                Hai aínda poucas semanas que saíu do prelo, 
editada en versión galega por Toxos Outos e Unipro-editorial, a leición 
que pronunciara Alfredo Brañas na Universidade de Santiago en 1892: "A 
crise económica na época presente e a descentralización rexional". Un 
dos editores, Afonso Ribas, propuxérame facer un limiar para esta 
reaparición dese moi esquencido ensaio de Brañas que, malia ser 
publicado daquela, nunca volvera ser imprentado até agora. Aparecida 
esta nova edición, algún amigo enredante suxeríume partir o meu limiar 
en anacos pra publicalo, "por entregas", nesta páxina dominical do GH. 
Deixeime convencer, e velaí vos van a partir de hoxe, coas  oportunas 
licencias dos editores e máis do paciente Tano. Disque haberá un 
agasallo para quen de vós dea chegado ao final da série sen indixestión 
de pedra -limiar, claro. A silicose seica está descartada -mais eu, que 
vós, non fiaría: o esnaquizado feito con rebarbadora levanta moito póo. 
   I  Esta publicación 
debémoslla ao amor á Terra e á xenerosa iniciativa emprendedora de 
Afonso Ribas, un dos corazóns protagonistas e cerebros artífices de duas
 fermosas aventuras editoriais na Galiza contemporán, a infelizmente 
efémera da pioneira revista "Teima" -cando a longa noite de pedra 
semellaba rebentar de vez en alba de groria- e a felizmente duradoira da
 fecunda editorial "Laiovento". Duas andainas nas que eu tiven a fortuna
 de ser un seu compañeiro de combate cultural, como o fora de combate 
político cando eramos "pexegos" os dous, inda non escachizada a pedra de
 aquela noite interminábel. Forxouse así entre nós unha amizade 
fraternal que perdura, e un recíproco entendemento baseado na comunidade
 de idearios e arelas que partillamos activamente verbo da emancipación 
do noso povo, e que abrolla decote nas nosas conversas e ás veces coalla
 en proxecto por obra da sua entusiasta iniciativa. Tal é o caso desta 
primeira edición en idioma galego dunha das pezas ensaísticas menos 
coñecidas de Alfredo Brañas.  Haberá cousa de dous anos que, nun 
serán de palique con Afonso arredor duns faiscantes viños da raia 
galego-portuguesa -dises que il tan ben coñece e tanto estima- a 
singladura da nosa conversa recalou na abra Brañas. Coido que fora il 
quen relembrara a referencia que eu fixera hai anos, nun meu xa vello 
texto, a un insólito programa político que Brañas enunciara en certa 
ocasión -insólito porque, considerado na sua textualidade, resultaba 
enchoupado dun soberanismo galego precoz para o seu tempo e disonante do
 canon rexionalista característico da sua obra máis difundida e do 
pensamento considerado xenuinamente peculiar seu. Rememoramos xuntos  
que non menos insólita resultaba ser a ocasión escollida por Brañas para
 publicitar ese programa, poisque o fixera a xeito de colofón do 
discurso que pronunciara como leición inaugural do curso 1892-93 da 
Universidade compostelán, na que, como é sabido, profesaba a cátedra de 
Economía Política -e, dadas as convencións inda hoxe imperantes, non 
parece ser un acto académico solemne desa caste o máis acaído para 
proclamar "urbi et orbe" unha posición ideolóxica persoal e guindarlle 
ao público un programa político, por riba tan heterodoxos unha e outro 
naquel contexto e en boca dunha figura tan conservadora e respeitosa das
 liturxias sociais estabrecidas como disque era o Brañas.   Rexoubamos
 e rímonos un cacho imaxinándomos a escena, e fixémonos de voz alta 
interrogacións e conxeturas varias verbo da enigmática e contraditoria 
persoalidade do Brañas patriota galego e tradicionalista, católico e 
antiforista, aristócrata de esprito e exaltador dos labregos, ademirador
 da Irlanda independentista e simples rexionalista pro domo sua -ou se 
cadra cripto-nacionalista como eu aventurara... Volvinlle contar -pois 
seguramente non era a primeira vez que o facía- a peripecia do exemplar 
que eu posuira dese discurso. Un vello volume que eu recordaba de sempre
 na biblioteca do meu pai, encadernado en pastas duras, impreso na de 
Paredes -a compostelán Imprenta Paredes, hoxe desaparecida, tan presente
 na miña memoria infantil e adolescente porque un fillo do impresor 
estudaba piano coa mesma mestra ca min. Ese volume fora un agasallo das 
irmás de Brañas, que tiñan unha escola na que o meu pai estudara cando 
neno, igual que un exemplar de El Regionalismo coa sinatura do 
autor. Fora meu pai quen me iniciara no coñecemento da figura e a obra 
de Brañas, e transmitírame moitos dados e anécdotas encol da sua 
persoalidade e a sua vida que lle contaran as irmás, coas que il 
mantivera unha agarimosa relación mentras viviron -e que co tempo fun 
esquecendo, mais seguro que ficaron encovadas no limbo da miña memoria. E
 regalárame eses dous volumes cando eu gañara a miña cátedra -mais ao 
cabo ían desaparecer da miña biblioteca nun trance crítico da miña vida 
que non ven a conto relembrar.  A leición de Brañas versaba sobre a
 crise económica da sua época, e o relembrármolo ocasionou que a nosa 
conversa virase cara a crise financeira que arestora estaba a estoupar 
no corazón do imperio. Néstas, ao Afonso ocurríuselle suxerir a 
oportunidade de editar agora ese discurso traducido ao galego.  Dito e 
feito -o Afonso évos un home resolutivo: púxose á obra decontado. Mais, 
non dispóndomos do volume que eu posuira, compríalle percurar outro 
exemplar asequíbel para traballar nil -e non semellaba doado, dada a 
rareza de aquela publicación. Resolveulle o problema a impar "Biblioteca
 Penzol": alí estaba a obra, e permitíronlla fotocopiar. Púxose a 
traducila il mesmo -e velaeiqui está.  Como se fose un aceno de 
complicidade dos nosos devanceiros máis egrexios, o exemplar da "Penzol"
 que teño, fotocopiado, perante os meus ollos leva estampadas na portada
 interior, con inconfundíbel escritura autógrafa, esta lenda: "R. Otero 
Pedrayo/ Sant Iago de Compostela/ 31 xaneiro 1957". Asi que era iste o 
exemplar de Don Ramón... E, cousa para min rechamante, non o dera 
adequirido -seguro que non o dera achado- até nada menos que xaneiro do 
ano 1957, ou sexa, durante o penúltimo curso da sua serodia profesión 
docente como catedrático de Xeografía na Universidade compostelán 
-xubilaríano no 1958, ao cumplir os setenta anos e, como é ben sabido, 
por mor da represión que padecera por parte do fascista rexime 
franquista, o criador da primeira e inda hoxe paradigmática "teoría 
xeral" da xeografía galega non puidera acceder á cátedra dese eido 
científico na universidade da sua nación até o curso 1952-53, cumplidos 
xa os sesenta e catro anos de idade.  No reverso en branco desa 
mesma folla, Don Ramón -que era abondo máis metódico do que dan a 
entender os estereotipos da sua persoalidade humán máis comunmente 
difundidos- compuxo tamén do seu puño e letra un índice dos capítulos do
 libro, coa correlativa paxinación.  E na cabeceira da páxina na que 
comenza a "Introducción" do discurso de Brañas, topámonos con outra 
solpresa para quen suscreben a tópica imaxe dun Otero ideolóxicamente 
conservadurista e transnoitado, poisque aí estampa il a sentencia de 
Concepción Arenal que transcribo literalmente para vós a seguida: "Se 
mencionan y discuten diferentes crisis q/ tienen mas ó menos influencia 
en el bienestar del obrero... pero no se habla de Crisis intelectual q/ 
existe y es factor poderoso de los problemas sociales. (C.Arenal - La 
instrucn. del obrero.) -inf. 1892-". Finísimo e elegante xeito tácito de
 se distanciar ideolóxicamente con ironía da cosmovisión de Brañas, ou, 
pola contra, apoiatura a algunhas das matinacións contidas nese primeiro
 treito da obra? A vós, leitores, corresponde xulgáredes co voso proprio
 criterio.   
 [...]	
																									 | 
																								 
																								
																									| 
																										      ...																				
																										
																									 | 
																								 
																							 
																						 | 
																					 
																				 														
																			 
																																												
																																						                                                                            
																				
																					
																						
																							
																								
																									
                                                                                                    
																										 
																										
																										
																										Galicia, unha referencia dos Gaite
																										 
																										:       XAVIER CASTRO 02/04/2011 
																								
																									 | 
																								 
																								
																									
																																																	
 
                O público lector sabe da figura esencial de Carmen 
Martín Gaite dentro da literatura española. A obtención, entre outros, 
dos Premios Gijón, Nadal, Anagrama e Príncipe de Asturias das Letras, 
reforzaron pouco e poco a imaxe da autora de Entre visillos e Fragmentos de interior.
 A salmantina pertence a unha saga familiar de fondas raizames 
históricas e culturais que, en parte, coinciden co desenvolvemento da 
historia galega e que o escritor David González Couso vén de desenvolver
 no seu "O fío da escritura. A pegada cultural dos Gaite en Galicia" en 
edición de Toxosoutos e que inclúe un "fiadeiro prologal" de Claudio 
Rodríguez Fer. Non é esta a primeira vez que David González intervén nos
 vencellos persoais, históricos e culturais da familia Gaite, pois xa 
naquel "Los perfiles gallegos de Carmen Martín Gaite" comezara "a tirar 
do fiado galego da liñaxe materna da autora, conformada polos Gaite...".
 Foi así como David González uniu os elos humanos e culturais dos Gaite 
co noso país ("membros ilustres que compoñen a súa ascendencia por liña 
materna, oriúndos de Galicia") nun libro que nos leva pola historia de 
persoas que deixaron unha fonda resonancia no noso territorio. A 
realidade humana (constante na súa novelística e ensaio) vén mesturada 
cos espazos recollidos das vivencias infantís en San Lorenzo de Piñor e 
que se plasman "na paisaxe deste lugar, ao que acudía quen sería unha 
recoñecida novelista, cada verán coa súa familia durante os anos de 
infancia e primeira xuventude, presente dalgún xeito en boa parte da súa
 obra". É que, todos os trazos representativos do que é Galicia, agroman
 de xeito constante mesturándose co misterioso, co lendario coa 
ambigüidade entre o vivido e o soñado.    O volume de David González inclúe tres interesantes facsímiles de obras de diferentes persoas desta saga, como o Método contra o cólera-morbo epidémico de Joaquín Gaite e publicado no ano 1854, as Consideracións sobre a defensa dos montes públicos en Galicia (Pontevedra, 1885) e os Elementos de xeografía astronómica e física (Ourense, 1894) escrito por  Javier Gaite..  
 [...]	
																									 | 
																								 
																								
																									| 
																										      ...																				
																										
																									 | 
																								 
																							 
																						 | 
																					 
																				 														
																			 
																																												
																																						                                                                            
																				
																					
																						
																							
																								
																									
                                                                                                    
																										 
																										
																										
																										Xosé Agrelo e O triángulo escaleno. Estrea en Noia
																										 
																										:       La Voz de Galicia 28/03/2011 
																								
																									 | 
																								 
																								
																									
																																																	
 Despois dunhas intensas xornadas de actividades e conferencias, a Semana
 da Historia de Noia tocou ao seu fin o sábado pola noite coa homenaxe a
 Xosé Agrelo Hermo, a quen se 
dedicou a sexta edición desta convocatoria. O coliseo Noela serviu como 
escenario para o sentido recoñecemento que os noieses brindaron ao 
falecido escritor e dramaturgo.De feito, foi precisamente a súa 
faceta teatral a que se destacou no acto celebrado o sábado, xa que se 
representou por primeira vez a obra póstuma de Agrelo, O triángulo escaleno.Pero
 antes de que os actores da compañía Mutis subísense ao escenario para a
 función, a profesora Pili Sampedro e Xoán Manuel Fernández, director do
 grupo teatral, lembraron a figura do homenaxeado.Este último 
repasou a súa relación co escritor e dedicoulle un dos seus contos, 
mentres que Sampedro repasou a historia teatral da vila noiesa e a obra 
de Agrelo. Concretamente, falou das súas creacións Noite de lobos, Metá e metá e O mestre.
 Tres textos que lle serviron para destacar a condición sinxela e 
popular do teatro de Agrelo, pero tamén o seu carácter profundo, ao 
tratar temas de calado social como a emigración ou a represión 
franquista.Logo, chegou o momento de culminar a homenaxe coa 
posta en escena da que é a única obra teatral de Xosé Agrelo Hermo que 
nunca se representou, O triángulo escaleno.
 [...]	
																									 | 
																								 
																								
																									| 
																										      ...																				
																										
																									 | 
																								 
																							 
																						 | 
																					 
																				 														
																			 
																																												
																																						                                                                            
																				
																					
																						
																							
																								
																									
                                                                                                    
																										 
																										
																										
																										El escritor da nombre a una sala del coliseo 
																										 
																										:       La Voz de Galicia 28/03/2011 
																								
																									 | 
																								 
																								
																									
																																																	
 Minutos antes de que el grupo de teatro Mutis pusiera en escena la obra 
póstuma de Xosé Agrelo, el regidor, Rafael García Guerrero, descubrió 
una placa con la que se bautizó el patio de butacas del coliseo Noela 
con el nombre del escritor noiés. Un sentido reconocimiento en el que 
participaron, además de la viuda del homenajeado, Solita Roo, que 
recibió un ramo de flores, familiares, amigos y numerosos vecinos de la 
localidad que hicieron que el recinto se quedase pequeño
 [...]	
																									 | 
																								 
																								
																									| 
																										      ...																				
																										
																									 | 
																								 
																							 
																						 | 
																					 
																				 														
																			 
																																												
																																						                                                                            
																				
																					
																						
																							
																								
																									
                                                                                                    
																										 
																										
																										
																										El patrimonio de Outes se puso en valor en la Semana da Historia noiesa
																										 
																										:       Raquel Iglesias 25/03/2011 
																								
																									 | 
																								 
																								
																									
																																																	
 
    La lamprea en el río Tambre  
    Tras su intervención, el miembro del Museo do Pobo 
Galego,  Clodio González, y el investigador Manuel Ces Canle presentaron
 el libro A pesca da lamprea en el río Tambre, del que ambos son 
autores y en el que se destacan capítulos históricos, como los 
conflictos que antaño se producían en la zona por la jurisdicción de 
estas aguas de gran riqueza. 
    También se ensalzó la  vida que hacían sus 
vecinos en el río, y trabajos que antaño predominaban en la sociedad y 
se relacionaban con el agua. 
    La gastronomía también cobró un papel fundamental 
en la jornada del miércoles, y los secretos de la preparación de este 
pescado al estilo tradicional noiés crearon gran expectación entre los 
presentes. 
    Los fogones más tradicionales del municipio 
preparan la lamprea acompañada de patatas, y este manjar tiene gran 
éxito en los restaurantes de la zona. 
 [...]	
																									 | 
																								 
																								
																									| 
																										      ...																				
																										
																									 | 
																								 
																							 
																						 | 
																					 
																				 														
																			 
																																												
																																						                                                                            
																				
																					
																						
																							
																								
																									
                                                                                                    
																										 
																										
																										
																										Euloxio Ruibal ensalzó el talento dramático de Agrelo
																										 
																										:       Javier Romero 20/03/2011 
																								
																									 | 
																								 
																								
																									
																																																	
 
    La sexta edición de la Semana da Historia de Noia 
comenzó ayer, tal y como marcaba el guión, ensalzando el valor creativo y
 personal de Xosé Agrelo. Fue uno de los prologuistas de su última 
publicación -O triángulo escaleno-, Euloxio
 R. Ruibal -el otro es Xerardo Agrafoxo- el encargado de presentar esta 
obra inédita del dramaturgo noiés entre amigos y admiradores. Fue el 
mismo Euloxio R. Ruibal quien ensalzó «o talento que Pepe tiña para interpretar, dirixir e escribir teatro, algo que se pode comprobar en O triángulo escaleno». 
    Y es que fue precisamente el bibliotecario de la 
Real Academia Galega, Ruibal, quien explicó que la pieza que se presentó
 ayer refleja todas las virtudes  drámaticas de Agrelo: «Pepe
 mestura factores como son a comedia amorosa e o drama nun texto no que 
fai unha crítica a Igrexa máis tradicional pero sen ser ácida, con humor
 e moderación para que os espectadores ou lectores saquen as súas 
propias conclusións». 
    Y como entre creadores andaba la cosa, otro ilustre
 noiés, Alfonso Costa, tampoco faltó a la cita, relatando como se 
inspiró en los personajes de la obra para elaborar el dibujo que ilustra
 la portada de la publicación. El tercero de los ponentes, que además 
fue el encargado de abrir la Semana da Historia, leyó un texto 
introductorio sobre Agrelo, explicando su vida y obra. El encargo de 
hacerlo fue el filólogo Pastor Rodríguez. 
    Cabe decir que es la editorial también noiesa, 
Toxosoutos, la que se ha embarcado en este proyecto, que ya está a 
disposición del público. Además, el estreno de la primera jornada fue un
 éxito gracias al apoyo del público. 
   
 [...]	
																									 | 
																								 
																								
																									| 
																										      ...																				
																										
																									 | 
																								 
																							 
																						 | 
																					 
																				 														
																			 
																																												
																			                                                                             
															
																			
																																						
																																				
																
																		
											
											
											 | 
										   
										 
									 	
								 
								
  
							 |