O vákner, unha das figura 
mitolóxicas máis  misteriosas do imaxinario galego, documentada sobre 
todo nas lendas de  tradición oral da zona de Cee e Fisterra, foi o tema
 elixido pola  escritora muradá Aurora Lestón Mayo para darlle forma a 
un libro.  Trátase dunha obra que ven de ver a luz no marco dunha 
colección de  referencia dentro dos estudos celtolóxicos: a serie Keltia
 da editorial  Toxosoutos.
Coa
 súa obra, titulada O vákner e o dragón, a  autora tenta ofrecer unha 
explicación plausible da figura mitolóxica e  da súa posible 
identificación cun dragón. Para iso, fai un exhaustivo  repaso da 
presenza deste animal nos relatos míticos da Biblia, da épica  medieval,
 das cantigas e da literatura de tradición oral. Todo coa  pretensión de
 construír unha hipótese que identifica a figura do vákner  co fáfner, o
 dragón por excelencia das culturas xermánica e escandinava.
O
 froito desta investigación e as conclusións ás  que chegou a escritora 
de Muros foi presentado o pasado fin de semana na  casa de cultura de 
Esteiro, nun acto promovido pola asociación  Barbantia. Alí estaban, 
ademais da autora e da secretaria do colectivo  cultural barbancés, 
Milagros Torrado; o director de Toxosoutos, David  González Couso; o 
catedrático Fernando Alonso Romero; e a concelleira de  Cultura, Laura 
Eiras.
Foi
 a edila a que se encargou de darlle a benvida  aos presentes, ao tempo 
que puxo de manifesto a súa ledicia por contar  cunha investigadora da 
categoría de Aurora no municipio de Muros. Logo  tomou a palabra David 
González, que enxalzou a enorme calidade da obra  presentada, unha 
opinión abalada polas insuperables críticas que ven de  recibir.
Orixinal investigación 
Tanto
 Milagros Torrado como Fernando Alonso fixeron  fincapé no feito de que 
Lestón, licenciada en Filoloxía Inglesa pola  Universidade de Santiago, 
se decidise por investigar o mundo da cultura e  do folclore. O 
catedrático, que tamén é director da tese da muradá,  encomiou o 
potencial da escritora e citou algunhas das pasaxes do libro.
Pola
 súa banda, despois de agradecer a colaboración  prestada polas 
distintas partes representadas no acto, a autora falou  do proceso que a
 levou á culminación do libro. Tamén expresou a súa  satisfacción por 
poder publicar en Toxosoutos, editorial dirixida  anteriormente por Xosé
 Agrelo, que precisamente foi mestre de Aurora.
A
 recta final do acto celebrado en Esteiro estivo  protagonizada polo 
fillo que espera a investigadora de Muros, embarazada  de sete meses. 
Milagros Torrado fíxolle entrega dunha camisiña cun  debuxo dun dragón, 
na que se podía ler «pequeno cazador de dragóns»,  como a escritora é 
alcumada polo profesor Alonso Romero.
O público asistente ao acto recibiu un exemplar do libro, agasallo do Concello de Muros, que mercou douscentos.