Carmen Martín Gaite
 manifestou en diversas ocasións a relevancia que para ela supuxo a 
descuberta de Galicia: unha paisaxe vital, familiar e íntima que 
espellou algunhas veces na súa obra literaria. Outra cousa era, ata o de
 agora, o coñecemento que se tiña da estirpe intelectual dos seus 
devanceiros galegos e da actividade cultural que despregaron aquí. Disto
 fala con tino 
González Couso,
 desvelando con rigor novos datos e, ademais, engadindo tres 
reproducións facsimilares que recuperan ensaios do século XIX sobre  
diversos temas, todos eles  subscritos polos aqueles antepasados que 
afondaron, no seu tempo, en ramas do noso saber científico, histórico e 
literario. Ben está deixar constancia diso.