tempasa no paraíso", de Claudio Rodríguez Fer, publicado pola 
editorial Toxosoutos. No acto intervirán o propio autor, ademáis de Olga
 Novo e David González Couso.
Claudio Rodríguez Fer naceu o 4 de abril de 1956 en Lugo, onde moi 
cedo comezou a escribir e mesmo a publicar. Poeta, narrador, autor 
teatral e ensaísta sempre en vangarda, é autor de máis de medio cento de
 obras de creación e de investigación. Deuse a coñecer en libro como 
poeta erótico, dimensión á que consagrou numerosas obras, mais, 
radicalmente comprometido así mesmo coa liberdade, a xustiza e a paz no 
mundo, publicou tamén toda unha triloxía poética consagrada á memoria 
histórica de Galicia. Actualmente é director da Cátedra Valente de 
Poesía e Estética e da revista universitaria Moenia, ambas da 
Universidade de Santiago de Compostela, e coordinador dos cadernos 
interculturais Unión Libre. Exerceu como profesor visitante nas 
Universidades da Cidade de Nova York, da Alta Bretaña en Rennes e de 
Bretaña Sur en Lorient, así como publicou, disertou e recitou en moitos 
outros lugares de Europa, de América e de África. Dirixiu diversos 
congresos e encontros e participou en decenas de actas, enciclopedias e 
revistas europeas e americanas, estando traducido a numerosos idiomas 
(castelán, catalán, francés, italiano, inglés, alemán, bretón, ruso, 
árabe).