A morte de Juana Capdevielle aconteceu  de xeito tan agónico e brutal 
que o puro relato documental da mesma  constitúe xa de por si, sen 
aditamento ningún de ficción, unha  verdadeira traxedia. Nada máis 
esperable, pois, que alguén, algún día,  se decidise por converter aquel
 tristísimo episodio nunha novela. 
Iso debeu pensar Vicente Piñeiro González, autor da recente Asasinos, asasinos, asasinos!, onde con nobre empeño narra as dúas últimas horas de vida da intelectual republicana.
 Juana
 Capdevielle, muller que fora de  Francisco Pérez Carballo (gobernador 
civil republicano da Coruña, a quen  mataron os fascistas sublevados), 
resultou pronto persoa non grata para  as novas autoridades 
profranquistas, quen vían nela unha dobre mácula:  ser viúva de quen era
 e profesar como intelectual liberal  e republicana  de prestixio.
 O
 asasinato perpetrado contra ela  adquiriu, sen dúbida, carácter de 
vendetta exemplarizante: apresada na  Coruña, foi levada en auto durante
 case un cento de quilómetros para ser  tiroteada nunha gabia de Rábade,
 vila próxima á capital lucense, onde  ficou sen vida e —extrema 
iniquidade— sen poder chegar a dála, pois ía  encinta.
 Asasinato tan inhumano é o que Vicente Piñeiro quixo recrear a través do seu monólogo Asasinos, asasinos, asasinos!,
  pois esas dúas derradeiras horas en coche e a lembranza que da súa 
vida  e circunstancias puido chegar a facer nelas Juana Capdevielle é o 
que  conforma a cerna narrativa deste libro, que conta, amais, cun amplo
  capítulo introdutorio de carácter ensaístico asinado polo propio 
autor.
 O valor desta obra cómpre 
procuralo non  tanto nos posibles acertos literarios coma na admirable 
recreación dun  suceso que merecía gardarse, tamén si, como memoria 
ficcionada. Por iso,  que en Asasinos, asasinos, asasinos! 
poida máis o pulo  historicista do docudrama non impide recoñecer nel o 
acerto de recuperar  e reactualizar para as novas xeracións unha 
historia que clamaba por  ser rescatada do esquecemento.
 Benia
 a Vicente Piñeiro e aos seus  editores noieses de Toxosoutos, pois 
libros como este recórdannos que a  literatura, amais de para outro 
milleiro de cousas, tamén serve para  manter aceso o facho da dignidade 
humana.