RUTH FERNÁNDEZ                
            
        O pasado 7 de agosto o investigador lugués Claudio 
 Rodríguez Fer presentou na Feira do Libro da Coruña o volume titulado 
 Contos e descontos, unha obra que reúne a súa narrativa completa, 
 composta de dous libros publicados con anterioridade (Meta-relatos, 
 escrito entre 1976 e 1983 e Os paraísos eróticos, este último escrito durante a súa estadía en Nova York, Bretaña, París e Atenas entre 1984 e 2009), unha obra da mocidade que non fora editada (Prometeo adolescente, con microrrelatos escritos entre os 16 e os 20 anos, entre 1972 e 1976) e un relato inédito escrito recentemente. Máis
  coñecido pola súa faceta de poeta, neste volume presenta para os seus 
 seguidores un percorrido dende os relatos escritos na etapa adolescente 
 ata textos contemporáneos, máis propios da madurez do autor. Polo que se
  refire á primeira narrativa de C. Rodríguez Fer (presentada nos 
 apartados ‘Pre- relatos’, ‘Ciclo de Ión’, ‘Entre a pavura e a 
 revolución’) hai que sinalar que recibe as influencias de Proust, Kafka,
  Joyce, Faulkner, Poe, Lovecraft, Borges e Cortázar, lecturas daquela 
 etapa na vida do autor, pero tamén dá cabida á mitoloxía e ás historias 
 vencelladas á Guerra Civil e á posguerra, temas de sumo interese para o 
 poeta, involucrado de cheo na recuperación da memoria histórica, e máis 
 aínda ao ser fillo dun home represaliado. Esto vémolo especialmente no 
 libro titulado O neno que non quería ir á guerra de carácter inédito, que pecha o volume.  Meta- relatos
  divídese en tres series: ‘Logaritmos’, ‘Fábula fauna’ e ‘Flérida 
 floresta’, converténdose nunha obra de reflexión sobre a propia 
 narración e o universo da ficción. Do mesmo xeito, Os paraísos eróticos
  conta con tres seccións: ‘Belas e bestas’, ‘Entregas’ e ‘Tres’. Se 
 tivera que elixir un relato dentro da narrativa que se recolle en Contos e descontos, este sería o que abre precisamente Os paraísos eróticos,
  tratando un tema arquicoñecido na literatura e no cine: a historia dos 
 lobishome, pero neste caso coa diferenza de que a a figura que se 
 encarna nunha loba é unha muller, ademais chamada Ruth. Refírome ao titulado ‘A muller loba’. O
  volume péchase co texto O neno que non quería ir á guerra (Recordos dun
  neno da poesguerra), que inclúe os contos ‘Eu teño un canciño’, ‘A vaca
  con zocas’ e ‘A republiquiña dos animais’. Péchase aquí un ciclo, pero 
 non se pon o punto final á narrativa do autor, xa que sendo máis poeta 
 que narrador, non descarta a posibilidade de continuar coa escrita de 
 relatos, sempre que lle permitan transmitir a intensidade que lle ofrece
  a poesía. A elección do microrrelato ou do relato breve na narrativa 
 presentada en Contos e descontos débese, pois, a ese desexo do 
 autor, polo que no futuro poderá ampliarse esta obra completa con máis 
 ciclos de contos que, coma os poemarios, presenten a temática do 
 erotismo insubmiso, da memoria solidaria, da vangarda libertaria… Serán 
 microcontos vitalistas que obrigarán a ampliar a compilación de textos 
 xa presentada. , que inclúe os contos ‘Eu teño un canciño’, ‘A 
 vaca con zocas’ e ‘A republiquiña dos animais’. Péchase aquí un ciclo, 
 pero non se pon o punto final á narrativa do autor, xa que sendo máis 
 poeta que narrador, non descarta a posibilidade de continuar coa escrita
  de relatos, sempre que lle permitan transmitir a intensidade que lle 
 ofrece a poesía. A elección do microrrelato ou do relato breve na 
 narrativa presentada en  débese, pois, a ese desexo do autor, polo que 
 no futuro poderá ampliarse esta obra completa con máis ciclos de contos 
 que, coma os poemarios, presenten a temática do erotismo insubmiso, da 
 memoria solidaria, da vangarda libertaria… Serán microcontos vitalistas 
 que obrigarán a ampliar a compilación de textos xa presentada.  
 
																													 |