O programa literario de Radio Obradoiro, O Sombreiro de Merlín, xirou
 este sábado arredor da figura do homenaxeado este ano o Día das Letras 
Galegas. No espazo, que dirixe e conduce Alicia López, presentouse o 
libro “O negro leite da aurora”. Viaxe á xeografía lírica de Lois 
Pereiro". A obra, da que son coautores os escritores J.Luís Calvo e 
Carlos Gegúndez López, está editada por Toxosoutos.
O título é un 
verso de Paul Celan, ”Schwarze Milch der Frühe”, referente poético do 
noso poeta monfortino.  Aparte do estudio da obra do poeta, o libro 
inclúe unha homenaxe poética dos seus amigos e compañeiros poetas e 
escritores das nosas letras actuais, baixo o epígrafe de “Lápidas”. A 
obra leva na súa portada un retrato de Lois feito polo fotógrafo Xosé 
Abad. O programa contou tamén cunha conversa telefónica cos autores do 
libro, que salientaron a importancia desta figura da escrita e do novo 
espazo poético que abríu nas nosas letras. 
Además, durante o 
espazo emitíronse tamén dúas grabacións con recitados de Cortizas e 
Xurxo Souto, máis unha entrevista con este último durante os actos 
conmemorativos que tiveron lugar nos pasados días en Ferrol.
Podes seguir a actualidade de "O Sombreiro de Merlín no seu perfil de facebook