onte na vila muradá a unha comitiva cultural e política da bisbarra A
 Casa de Cultura de Muros foi onte escenario do acto de entrega do
 premio de Historia Medieval de Galiza e Portugal, que organizan os
 concellos da ría de Muros e Noia, xunto coas fundacións comarcais e a
 editorial Toxosoutos, e que este ano recaeu en Jesús Vila Pérez, de
 Tui, pola súa obra A casa de Soutomaior, obtendo o segundo posto As
 moedas medievais galegas, da que é autor Ernesto Iglesias Almeida,
 tamén da vila tudense. No recinto, o xurado, por medio do seu
 presidente, Carlos Barro, avogou por perpetuar o certame, palabras que
 dixo ante os alcaldes de Muros e Carnota, que presidían o ilustre
 acontecemento. O tamén catedrático universitario destacou o mérito
 das obras premiadas, ao dicir: «Os dous traballos seleccionados tratan
 temas pouco estudados sobre a historia medieval. Este premio está a
 contribuír meritoriamente na investigación universitaria e popular, ao
 tempo que harmoniza ambas actividades. Toxosoutos e os concellos desta
 ría teñen un gran mérito ao perpetuar este certame, e dígolles: Adiante
 con este concurso pois Galicia volo agradecerá», sinalou Barros. Pola
 súa banda, o representante da editorial Toxosoutos, David González,
 salientou a transcendencia deste certame, que segundo dixo: «Reflicte a
 historia rigorosa da Galicia medieval dende a ría da cultura». González
 Couso rematou desexando longa vida para estes premios, e ofertando a
 imprenta da editorial para publicar traballos da calidade.
  
																													 |