O compostelán Guillerme Coen, administrativo en Novacaixagalicia e con 52 anos, presentou onte a súa segunda novela, Brais,
  editada por Toxosoutos, que ten como protagonista a un estudante de 
 Filosofía e Letras da USC, orfo de pai e sen medios, quen intenta 
 recuperar a súa xuventude roubada a través de variadas experiencias. A 
 novela, segundo Guillerme, «gusta moitísimo, máis que nada pola fala, 
 pois intentei empregar unha fala popular, porque é unha historia 
 sinxela, e pola trama que conta, xa que hai un transfundo no que metín 
 de todo, mostrando os problemas que hai hoxe en día». Aínda que non é 
 unha historia real, o escritor aclara que Brais está inspirada 
 por unha nova que leu nun xornal sobre un rapaz de Pobra do Caramiñal. 
 «Poder xubilarme e dedicarme á literatura sería meu soño dourado», 
 confesa Guillerme, que non se xubilou por tan so dous anos, e que leva 
 catro asistindo a un taller literario en Vite.
 
  
																													 |