Hai anos que David González Couso (Ourense, 1978) centrou a atención informativa e dos investigadores polo seu libro Los perfiles gallegos de Carmen Martín Gaite.
 Logo desenvolveu outros traballos vencellados coa escritora (nacida en 
Salamanza en 1925 e finada en Madrid no 2000) e a súa última 
publicación, O fío da escritura,  percorre a historia e a 
xenealoxía dos Gaite para reescribir a historia da familia e, en parte, 
de moitos dos acontecementos e dos episodios salientables de Ourense e 
outras partes de Galicia. González Couso é tamén o director de 
publicacións da editorial Toxosoutos.
    -Toxosoutos creou unha liña editorial cunha
 denominación máis que evidente: Colección Esmorga ¿que motivou a 
elección do nome? 
    -Queríamos dárlle un sinal de identidade moi claro e
 unha aposta por novas propostas e iniciativas nesta colección. E ao 
mellor algo tivo que ver a conexión ourensá do comité que a 
promove, tendo en conta que están, entre outros, Fernández Naval, Ramón 
Caride, Jorge Emilio Bóveda e Xerardo Méndez.
    -¿Que se vai ofrecer nesta liña da editora? 
    -Os contidos van ser moi diversos pero queremos que
 teña unha identidade como colección: autores clásicos, tamén da propia 
literatura galega, traballos filolóxicos, ensaio, narrativa, teatro e 
poesía. Unha sátira de Séneca é a nosa nova proposta.
    -En«O
 fío da escritura» recupera a pegada de Carmen Martín Gaite, ao traverso
 da súa familia, en Ourense e en Galicia ¿queda aínda memoria viva da 
autora? 
    -Quedan familiares, curmáns da escritora, que aínda
 manteñen a memoria e lembranzas de Carmen Martín Gaite. Esas pegadas e o
 material que fun recollendo aparecen refrexados na miña obra.
    -¿A asignatura pendente de Ourense é recuperar a memoria da autora? 
    -Queda traballo por facer, en Ourense algo menos é 
de forma salientable en Piñor. Neste tipo de iniciativas sempre hai 
reticencias, decisións políticas e outros aspectos. Con todo, Piñor debe
 recuperar a memoria de Carmen Martín Gaite.
    -¿Cal sería a fórmula? 
    -Sería algo a concretar, mais é de xustiza facerlle un recoñecemento a escritora.