Novas de interese - Editorial Toxosoutos.com.


Listado de novas:


Dende 55 até 60 de 201 elementos



<< Anterior 12 3 4 5 6 7 8 9 1011 12 13 14 15 16 17 18   ... 34 Seguinte >>


Ver noticia

A retranca feita novela


Autor:      Galicia Confidencial A Coruña
04/05/2012

"Cando un remata un libro, é como se o desinchasen, como se lle quitasen o ar que ata entón lle permitía vivir, incluso voar. Con Pallarega esta sorte de “síndrome” manifestouse en toda a súa magnitude. Durante semanas, pensei que o esforzo non pagaba a pena. Pero mentres eu me mantiña en tal hibernación emocional, o mundo seguía movéndose. E unha reportaxe amosaba un novo oficio que xurdira no Xapón tralo arrepiante terremoto con tsunami que sufriu este país hai dous anos. Son os reparadores da memoria, aqueles que van remexendo entre os refugallos das vilas e os cascallos das vivendas para atopar calquera rastro de imaxe identificable. Recompilan fotografías, sométenas a un proceso de restauración e ofrécenas ós damnificados. 
Daquela entendín que unha fotografía, igual ca unha novela, non eran senón testemuñas do pasado. Tamén a fición, si, pois a súa semente se atopa sempre na memoria. E nun pasado que dá orixe, e así pois explica, o presente. Un pasado que no caso de Pallarega se concentra na xeración dos nosos pais, esa sociedade admirable nacida entre os anos 20 e 30, que houberon medrar e, por tanto, formarse nunha contorna mutilante e dogmática, unha contorna dirixida a crear seres submisos e babecos, ignorantes e parviolos, incapaces de decidir por si mesmos e de explotar calquera sinal de talento que agochasen no seu interior. Iso fan as ditaduras ao cabo. Pois ben, esa xeración en Galicia, posiblemente noutras partes de España, demostrou unha valentía, unha capacidade de loita e resistencia, unha habilidade para o emprendemento, unha flexibilidade, unha iniciativa e un talento, que xa lles gustaría á xeración que a seguiu. Esta posiblemente sexa a razón última da existencia de Pallarega. 
 
Un pasado do que se poden extraer boas ensinanzas aplicables ós tempos actuais. Pallarega desenvólvese entre os anos 1934 e 1959, aproximadamente, un cuarto de século do máis convulso e do máis ateigado de riscos e incerteza. Nese ambiente, os protagonistas son capaces de sobrevivir sen queixa, nin sensación de traxedia (agás os anos fatídicos da contenda civil, naturalmente), sen impresión de ter sido desfavorecidos pola Historia. Daquela descoñecían a influencia do materialismo, da especulación, os efectos da rivalidade comercial, a medida dos valores a través de rankings e cotas de mercado. Coido que as súas decisións estaban máis preto da esencia do ser humano do que están hoxe en día. 
 
Por todo isto naceu Pallarega, posiblemente, ou quizais por outros motivos distintos. En realidade, un nunca sabe como xurde unha historia. Un día ten unha idea, fai un esquema, busca algo de información, tenta escribir uns borranchos sobre un papel, míraos a ver se adquiren movemento, se deles se pode extraer un relato fascinante, e ao día seguinte se sorprende absolutamente obsesionado por ese relato que nada máis son unhas febles liñas descontinuas. Pouco a pouco vai adquirindo momentos e escenas, ós que procura dar algo de forma para tornar en ideas. Despois recolle todas esas pezas e desafíaas porque así soltas non serven de nada. E, velaí o momento clave, empeza a imaxinar, a fantasiar, empeza a crear unha outra realidade, a que chamamos fición. Unha fición colocada en distintos escenarios nos cales has de mergullarte, ós que debes trasladarte mental e emocionalmente. Por último, para os personaxes, has buscar referentes válidos que lle dean verosimilitude á historia. Eu, o referente principal tíñao ben próximo. 
 
Diciamos antes que Pallarega é testemuña dun pasado recente, o dos nosos pais, a maioría dos cales viñeron ó mundo en lugares pequenos. Porén, malia o reducido deses universos, neles reproducíanse os roles esenciais de calquera outra comunidade. A que hoxe chamaríamos figura do líder era exercida na novela polo pai de Nicolás, un carpinteiro de oficio que termina sendo labrego e que actuaba inconscientemente como facho da Pallarega. Mesmo a partir dos seus limitados estímulos, prognostica o estourido do conflito bélico. “Non diga tal, Pallarega”, pídenlle os veciños. O fillo, Nicolás, medra rodeado polas mesquindades derivadas dunha guerra civil, o cal sérvelle de ben máis aprendizaxe cás poucas aulas ás que acode. A súa vida non permite paradura e xa de mozo asiste a experiencias de forte pegada. E marcha; primeira estación, temporal, Ferrol anos 40. Axiña segue para Madrid onde coñece de preto a sociedade franquista á cal procura adaptarse con naturalidade, sen o trauma que pode significar unha ditadura para un home talentoso e de espírito ceibe coma é Nicolás. Pode representar o protagonista esa maioría social que asumiu o franquismo coma un simple marco de convivencia sen cuestionar o fondo político ou ideolóxico. Transición na casa antes de tirar para La Habana, máis por desubicación persoal que por necesidade; a emigración tamén era unha saída para casos coma o seu, non tan habituais. En La Habana encontra o seu lugar na Terra, onde satisfacer os seus degoiros e a súa capacidade de sedución persoal. Mais outrosí atopa o poder das circunstancias, da contorna, que o obrigan a un indesexado retorno. Volve pórse de manifesto o pouco habitual do seu caso como emigrante. Xa de volta ó País, descobre a evolución, o desenvolvemento, as primeiras etapas dunha transformación que terminará de cristalizar aínda décadas máis tarde. A metamorfose social inflúe na súa percepción vital, que se fai crítica e revisionista. 
 
Pallarega pode ser unha novela de adaptación persoal, de supervivencia, de intelixencia; tamén de cuestionamento de estruturas e de réximes. Naquela xeración, as ditaduras mutilaban as capacidades, as arelas e ata os sentimentos dos cidadáns. Hoxe, a relación entre o pobo e o poder tampouco variou tanto. Máis ben cambiaron as condicións de vida e a natureza da tiranía".
[...]
      Ler máis...
Ver noticia

Antonio Rey recibiu o Premio de Historia Medieval nunha Santa María a Nova repleta


Autor:      Marta Gómez
29/04/2012

LA VOZ DE GALICIA

BARBANZA-MUROS-NOIA

29 ABRIL 2012, p L4

[...]
      Ler máis...
Ver noticia

O escritor Antonio Rey recibiu o premio de Historia Medieval de Galicia e Portugal


Autor:      Manuel Gil
29/04/2012

EL CORREO GALLEGO

29 DE ABRIL 2012

P. 34

[...]
      Ler máis...
Ver noticia

Antonio Rey recibe hoxe o Premio Historia Medieval de Galiza e Portugal


Autor:      La Voz de Galicia Barbanza
28/04/2012

Hoxe terá lugar, tamén na vila noiesa, o acto de entrega do galardón correspondente á undécima edición do Premio Historia Medieval de Galiza e Portugal, un certame literario convocado pola editorial Toxosoutos e os concellos de Noia, Outes, Lousame, Carnota, Muros e Porto do Son. A cita levarase a cabo na igrexa de Santa María A Nova, e comezará ás 13.00 horas.

No acto será galardoado Antonio Rey Somoza, quen resultou vencedor co seu traballo A nobreza medieval na lírica galego portuguesa. En primeiro lugar, abrindo a cita, haberá unha intervención musical por parte de alumnos do conservatorio municipal Felipe Paz Carbajal de Noia. Logo falará o alcalde da vila, Rafael García Guerrero. A continuación, será o director de publicacións de Toxosoutos, David G. Couso, quen lea a acta, para darlle despois paso a Henrique Monteagudo, presidente do xurado. O gañador do certame no ano 2010, Marcos Fernández, entregaralle o galardón a Antonio Rey, quen tamén lle ofrecerá aos alí presentes unhas palabras. De novo, volveran a soar unhas notas musicais ao remate da entrega.

[...]
      Ler máis...
Ver noticia

La capital noiesa acogerá hoy la entrega del Premio de Historia Medieval


Autor:      El Correo Gallego
28/04/2012

Noia. El profesor vigués afincado en Baiona Antonio Rey Somoza recibirá hoy la edición número once del Premio de Historia Medieval de Galicia e Portugal por su trabajo A nobreza medieval na lírica galego-portuguesa, editada por Toxosoutos. El acto tendrá lugar a partir de las 13.00 horas en la iglesia de Santa María a Nova de Noia.
[...]
      Ler máis...
Ver noticia

Olga Novo, Premio da Crítica por Cráter


Autor:      X. Fraga
22/04/2012

Los críticos literarios españoles se reunieron ayer en Segovia para fallar sus premios anuales, que en el apartado de gallego recayeron en Laura no deserto (Galaxia), de Antón Riveiro Coello, y Cráter (Toxosoutos), de Olga Novo, en las modalidades de narrativa y poesía, respectivamente. Laura no deserto es una novela larga en extensión y ambición, en la que Riveiro Coello recorre escenarios tan distantes entre sí como Barcelona, Galicia y Nueva York, para hilvanar una historia que abarca varias décadas y que recrea las vicisitudes de un grupo de personas cuyas vidas quedan marcadas por la Guerra Civil y los años posteriores. Estructurada sobre a su vez sobre cuatro libros, una de sus partes puede leerse como una obra casi independiente que se acerca al tema del holocausto judío y los campos de exterminio nazis. 
Por su parte, en Cráter Olga Novo profundiza en su concepción poética basada en el espíritu libertario, el erotismo y las pasiones vitales en conjunción con un apego telúrico. Los versos que dan forma al libro, con prólogo de Carmen Blanco, nacen de distintas vivencias, como pueden ser el abandono del rural gallego o viajes a la Bretaña francesa o la ciudad italiana de Pompeya. 
En lengua española el premio de narrativa fue para El día de mañana (Seix Barral), de Ignacio Martínez de Pisón, una novela que reconstruye la transformación de un emigrante en la Barcelona de la posguerra en un delator de la Brigada Social del franquismo. Contada a través de los testimonios parciales de quienes trataron al protagonista, la novela se extiende hasta los años de la transición y se enriquece con los múltiples puntos de vista e historias personales de los narradores. El día de mañana ya había recibido el premio al Libro Europeo que concede la UE y el Ciutat de Barcelona. 
A Tomás Segovia el premio le ha llegado póstumamente, ya que falleció el año pasado, pocos meses después de publicar Estuario (Pre-Textos). En sus versos el escritor anticipa su propia muerte, en un tono que mezcla ironía y elegía. 
En lengua catalana los distinguidos fueron Jaume Cabré, autor de Jo confesso, y Perejaume, con el poemario Pagèsiques. En euskera, Harkaitz Cano ganó el premio de narrativa Twist, mientras que en poesía el galardón fue para Aritz Gorrotxategi, autor de Hariaz Beste.
los galardonados
Premiado por su novela de largo aliento «Laura no deserto»
«Cráter», un poemario marcado por el espíritu libertario y el erotismo
En «El día de mañana» relata la vida de un delator del franquismo
Galardonado póstumamente por los poemas de «Estuario»
[...]
      Ler máis...