- Editorial Toxosoutos.com.


:



Ver noticia

Santiago foi centro internacional das letras galegas medievais


:      Joel Gómez
17/05/2012

Espazos de Compostela como a catedral, as igrexas de Salomé e San Domingos do Bonaval, a praza de Cervantes, o mosteiro de Santa María e o lugar de Conxo, Crecente, Cornes, Porta Faxeira, as rúas das Moeda Vella ou Preguntoiro, San Martiño Pinario, a colexiada e o río Sar, ou a propia cidade; outros de Teo, como Balcaide, Lampai e a igrexa de San Simón de Ons; e igrexa de San Salvador de Bastavales en Brión, están relacionados con autores da lírica galego-portuguesa e algúns son citados nas súas composicións.

As cantigas e outra documentación relacionan 17 autores dese movemento literario con Santiago, e dan pé a O amor que eu levei de Santiago. Roteiro da lírica medieval galego-portuguesa, un volume recen editado por Toxosoutos, elaborado pola coñecida medievalista brasileira Yara Frateschi Vieira, e por Isabel Morán Cabanas e José A. Souto Cabo, docentes da Facultade de Filoloxía da USC.





<<       > <