- Editorial Toxosoutos.com.


:



Os anos da emoción


:      Pilar Ponte
05/04/2012

Marcelino Fernández Mallo descubriuse un día sorprendido por unhas liñas
que sumadas a moitas outras deron lugar á súa última novela,Pallarega:
unha historia de protagonista que nos leva de paseo pola vida de Nicolás Traseira
a través de diferentes paisaxes xeográficas e vitais. Logo de Klásicos,
coas divertidas peripecias de Horacio, chéganos esta nova historia xestada hai
tempo e de fasquía ben diferente.Aínda así, podemos detectar algunhas
constantes de estilo como a intención de achegar unha perspectiva



persoal ou a busca de contido social. O propio autor sinala como obxectivos
da obra, dunha banda, o retrato desa xeración admirable



dos nados entre os anos 20 e 40 do século XX,e doutra banda



unha “posta en valor da saudade” como forza motriz de cambio. E é así como a
Pallarega,Madrid,A Habana e A Coruña serven de fondo para uns anos decisivos da
vida do protagonista,os que el mesmo denomina como“os anos da emoción”,aqueles
en que nos abrimos á vida porque aínda todo nela pode ser e talvez por iso a
novela remata abruptamente no preciso momento en que é posible albiscar o
futuro porque os camiños xa foron trazados.



 



Faro da Cultura, 5 de abril, p. 6





<<       > <