Noticas de interés - Editorial Toxosoutos.com.


Detalle de la noticia:



Literatura de urxencia


Autor:      Román Raña
14/03/2013

Ao ler Pedras de plastilina golpea a nosa mente
a sentenza de Adorno que afirmaba que despois de Auschwitz non había lugar para
a poesía.Pasados os



decenios,o tempo e mais os feitos
encargáronse de desmentilo.Porque precisamente nos lugares onde inmensas camadas
da poboación viven instaladas no corazón das tebras,alí onde a realidade é máis
atroz,a poesía, a arte, son máis necesarias que nunca.Por iso este libro
resulta eticamente necesario,porque precisamos que alguén sume a súa voz á voz
dos desfavorecidos, dos exterminados.O poemario que nos preocupa é testemuño de
todo isto.Denuncia a dor dun pobo,o pobo palestino,que vive baixo o xugo



do terror e da ocupación; testifica o
vivir diario das xentes que padecen anha ausencia total das libertades básicas.
As fotos que acompañan os poemas confirman esta barbarie e esta violencia
brutal.Mais tamén dan conta da vida que brota entre os seixos e os tanques, da
esencial dignidade das persoas que sobreviven entre os escombros das casas
destruídas,un verdadeiro Auschwitz na aridez do deserto. Estamos ante unha literatura
de urxencia onde o seu autor,Moncho Iglesias Míguez, que reside nos territorios
ocupados desde hai anos,resulta ser o portavoz dunha inxustiza  que ofende a intelixencia do mundo.

Faro da Cultura, p. VI