Novas de interese - Editorial Toxosoutos.com.


Detalle da nova:



Ver noticia

Euloxio Ruibal presenta este venres Caderno de Ordes


Autor:      Santiago y comarca. Notas de prensa sin aditivos
20/12/2012

A ASOCIACIÓN CULTURAL INQUEDANZA ORGANIZA ESTE VENRES A PRESENTACIÓN DO LIBRO “CADERNO DE ORDES”, DO ORDENSE EULOXIO R. RUIBAL
O acto terá lugar no restaurante O Túnel a partir das 20:00 horas

A Asociación Cultural Inquedanza organiza este venres 21 de decembro, ás 20:00 horas, a presentación do libro “Caderno de Ordes”, obra do ordense Euloxio R. Ruibal. Un acto que terá lugar no restaurante “O Túnel” (Ordes) e que contará coa presenza do autor, que será presentado polo presidente da Asociación Cultural Inquedanza, Carlos Pérez Casas. A asistencia ao acto é libre e gratuíta, estando tamén confirmada a participación de profesores do IES Maruxa Mallo e de membros da Editorial Toxosoutos, editora de “Caderno de Ordes”. Euloxio Rodríguez Ruibal (Ordes, 16 de marzo 1945) é dramaturgo, guionista, narrador e ensaísta. Considera un dos renovadores do teatro galego, Rodríguez Ruibal é un dos dramaturgos máis frutíferos en lingua galega. Na actualidade é profesor asociado da Facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela e arquiveiro-bibliotecario da Real Academia Galega, institución da que é membro dende marzo de 2005. 
Ademais de ser presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega e director das galerías de arte Torque e Citánia, Euloxio Rodríguez Ruibal formou parte do grupo Ditea, prestixiosa agrupación de teatro afeccionado compostelán e unha das máis antigas en funcionamento en toda España, e fundou o grupo de teatro Obradoiro. Entre os premios que ten recibido nos últimos tempos figuran o Abrente (1973 e 1975), Álvaro Cunqueiro (1989) e Valle Inclán (2005).