Novas de interese - Editorial Toxosoutos.com.


Detalle da nova:



Ver noticia

‘Breizh’, de Miro Villar, amarra cun fío de haikus a fisterra galega e a bretoa


Autor:      Fran P. Lorenzo
08/02/2013

Foron os poetas e os literatos de noso os que máis fixeron por soerguer a alianza ultramarina entre as fisterras atlánticas de Galicia e da Bretaña, Castelao entre eles. O novo libro de Miro Villar (Cee, 1965), Breizh (Toxosoutos, 2012) é a bitácora desa singradura polas laxes abisais, unha viaxe que logra facer das dúas terras unha soa, unidas moi por abaixo, no fondal do mar. E faino apelando a unha estrutura poética audaz na súa concentración e na súa espida concisión: o haiku, allea nun principio a esta tradición compartida. Amarrar cun fío de haikus a fin do mundo galega e bretoa semella ademais o espello da dualidade que latexa, de seu, na suave rigorosidade da métrica xaponesa.