O curmán Pons


O curmán Pons
Autor: Balzac, Honore
Limiar e tradución de Ana María Galego Gen
14,00 €
Precios con I.V.E. engadido.
|
|
00457
978-84-15400-72-1
O curmán Pons
Balzac, Honore
Galego
Limiar e tradución de Ana María Galego Gen
14,00 € ive enga.
Serie Esmorga Narrativa 305 pp. 13x21
Honoré de Balzac naceu en Tours no ano 1799. Balzac non viviu unha nenez feliz. Os seus pais nunca tiveron moitas mostras de cariño cara a el. Foi de internado en internado, onde tivo que aturar as burlas dos compañeiros polos poucos cartos que lle enviaba a familia ou os castigos dos mestres, provocados polos malos resultados académicos. Na novela Louis Lambert podemos atopar ecos autobiográficos destes anos desgrazados. En 1816 Bernard-François perde o emprego e a familia, sobre todo a nai, pon as súas esperanzas no fillo para que chegue a ser algo. A frialdade materna e as presións seguen provocando a infelicidade de Honoré. Entre 1819, ano no que se instala na capital, e
…………………..
Ana María Galego Gen, licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña (1993). Premios literarios: Terceiro premio no I Certamen de Narrativa Curta organizado pola Consellería de Medio Ambiente (1999) coa obra Non era tempo de cacharelas. Gañadora do II Certame de Narrativa Breve organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (2001) co relato O malfadado ano no que perdín a moza por culpa dun robot, porque as desgracias sempre veñen mal acompañadas. (Publicada polo Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela, 2003). Gañadora ex aequo do Premio "Estornela" de Teatro para Nenos organizado pola Fundación Neira Vilas (2004), coa obra O porco que perdera a cabeza. (Publicado por Edicións do Castro, A Coruña, 2005). Finalista do 18º Certame de Narracións Breves "Manuel Murguía" organizado polo Concello de Arteixo (2009), coa obra As aventuras de Nice Rod. (En prensa). Traducións: tradución ao galego de Bouvard et Pécuchet, de Flaubert, e de La cousine Bette, de Balzac. Ambas traducións publicadas na Editorial Toxosoutos.
|
|
![]() |