Códice Calixtino. Guía medieval do peregrino

Códice Calixtino. Guía medieval do peregrino


Autor:   López Pereira, X. Eduardo

Texto bilingüe latín-galego. Estudo introdutorio ampliado e revisado


15,00 €



Precios con I.V.E. engadido.
  
Descargar o Adobe PDF Reader aquí.

Ficha técnica:

Trivium

Ver productos de Trivium
Trivium

Historia medieval

   Código:

  00453

   ISBN :

  978-84-15400-38-7

   Nome do producto:

  Códice Calixtino. Guía medieval do peregrino

  Autor:

  López Pereira, X. Eduardo
            Ver listado de obras.

  Lingua:

  Galego

  Descripción:

  Texto bilingüe latín-galego. Estudo introdutorio ampliado e revisado

  Prezo (PVP) €:

15,00 €    ive enga.

  Ficha:

155 páxinas

Serie Trivium

15x21


Cinco son os libros que compoñen o Códice Calixtino, que recibe tal nome do papa Calixto (1119-1124), pero tamén chamado Libro de Santiago por razón do seu contido relacionado co apóstolo. O último deses cinco é precisamente o máis coñecido, sobre todo desde que o Camiño de Santiago adquiriu dimensións universais, despois de que o Consejo de Europa o declarase primeiro “Itinerario Cultural Europeo” no ano 1987, abrindo Galicia e Compostela a Europa e ao mundo.

O Códice Calixtino gardábase no arquivo da catedral de Santiago, ata que lamentablemente desapareceu o 4 ou 5 de xullo de 2011, sen que polo de agora ninguén poida aclarar qué pasou con el. O feito divulgouse amplamente por todo o mundo e a noticia fixo que un libro que ata entón era so obxecto de estudo de investigadores se convertese en tema de interese cultural de toda a sociedade en xeral.

Ofrecemos aquí o quinto deses libros que compoñen o Códice, no que aparece sen título algún, pero que xa é universalmente coñecido como Guía do peregrino polo seu contido, que o propio autor define así: “Escribín todo isto para que os peregrinos, con esta información, poidan prever os gastos necesarios para a súa viaxe, cando saian para Santiago.” El mesmo fixo a primeira viaxe no século XII desde Francia, pois Aimerico Picaud, a quen se lle atribúe particularmente o libro V, era orixinario de Parthenai, no Poitou francés.

Grazas a el conservamos a descrición de moitas vilas que percorreu, de igrexas e sartegos que visitou, de hospitais e de hospedaxes polos que pasou, e mesmo imprescindibles referencias de persoas, boas e malas, que atopou ao longo do camiño, para rematar cunha fermosa e completa descrición da cidade de Santiago, das súas prazas, das súas sete portas e, sobre todo, da súa catedral e do ambiente que xa daquela a arrodeaba, onde  se ofrecían aos peregrinos todo tipo de mercadorías, dende "vieiras ata botas de viño, zapatos, mochilas de pel de cervo, bolsas, correas, cintos e ata herbas medicinais”.