Pallarega

Pallarega


Autor:   Fernández Mallo, Marcelino

348páxs / 13x20 / Novela


16,00 €



Precios con I.V.E. engadido.
  
Descargar o Adobe PDF Reader aquí.

Ficha técnica:

Nume

Ver productos de Nume
Nume

Prosa e verso da literatura galega

   Código:

  00450

   ISBN :

  978-84-15400-09-7

   Nome do producto:

  Pallarega

  Autor:

  Fernández Mallo, Marcelino
            Ver listado de obras.

  Lingua:

  Galego

  Descripción:

  348páxs / 13x20 / Novela

  Prezo (PVP) €:

16,00 €    ive enga.

  Ficha:

Marcelino Fernández Mallo xa conquistara o lector galego nas súas entregas anteriores: Cabilia, A trenza e Klásicos. Aínda sendo historias e representado fórmulas narrativas ben diferentes, as tres obras amosan elementos comúns como a preocupación por achegar unha perspectiva persoal, a busca de contido social, o emprego intensivo da retranca e un ritmo argumentativo que dosifica as claves e movementos esenciais das historias. En Pallarega, este economista coruñés reincide nos elementos anteriores e ademais engade unha construción moi elaborada do protagonista e a análise de lugares e momentos históricos irrepetibles.

 

 

Nicolás Traseira pasará á historia da literatura galega. El é o principal protagonista de Pallarega, unha novela que mestura os ingredientes das grandes obras cunha asombrosa naturalidade. Personaxes heteroxéneos e matizables van aparecendo en escenarios diversos e propiciando, con frecuencia, situacións inesquecibles. A ironía, o humor, a intriga e unha ben medida sensibilidade, intercálanse ó longo deste relato que principia nun lugar da montaña luguesa durante os anos previos á contenda civil. Nicolás ábrese ó mundo en Madrid, onde coñece a España franquista e as liortas internas do réxime. Esas mesmas leas fano regresar. Aínda sen necesidade que o apreme, emigra a La Habana onde experimenta en carne propia un cóctel de traballo duro, diversión sen freo e a corrupción dun goberno vendido ás mafias gringas. Novamente debe retornar. O microcosmos endogámico e clerical que atopa na súa vila fai que tampouco non acougue nela...