A DAMA FULXENTE

<    >    

A DAMA FULXENTE


Autor:   Piñeiro, Antonio

X PREMIO RELATO DE AVENTURAS ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS


10,00 €



Precios con I.V.E. engadido.
  
Descargar o Adobe PDF Reader aquí.

Ficha técnica:

Nume

Ver productos de Nume
Nume

Prosa e verso da literatura galega

   Código:

  00432

   ISBN :

  978-84-92792-98-6

   Nome do producto:

  A DAMA FULXENTE

  Autor:

  Piñeiro, Antonio
            Ver listado de obras.

  Lingua:

  Galego

  Descripción:

  X PREMIO RELATO DE AVENTURAS ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS

  Prezo (PVP) €:

10,00 €    ive enga.

  Ficha:

78 páxs.

13x20



Anne Geneviève alta dama francesa fai o Camiño de Santiago como ofrenda  pola súa curación. Aqueixada dunha mortal enfermidade, e acurralada polas intrigas da Corte de Luís XIV, emprende a viaxe desde Bordeaux nunha mañá do mes de xullo, cun pequeno séquito e a compaña do seu médico, que atopará tamén ao final do Camiño, na Igrexa de San Martiño de Noia, a solución que, como científico, buscaba á enfermidade, xunto aos insospeitados signos que, dese saber, lle son transmitidos a través da arquitectura dos séculos.

 

O Camiño de Santiago no século XVII. Os turbulentos tempos de cambio. A decadencia dun modo de vida. As vicisitudes dunha viaxe plena de acontecementos, tensións, aventura, paisaxes. As inquietantes, delgadas liñas que separan ou unen a fe e a razón.

 

A dama fulxente trae a colación, ademais, un deses motivos históricos e menos coñecidos polos que o Camiño de Santiago acadou o seu carácter de xigante das peregrinacións.