Alcol

<    >    

Alcol


Autor:   Díaz Balado, Alicia

130x210mm. 202 páx.


20,00 €



Precios con I.V.E. engadido.
  
Descargar o Adobe PDF Reader aquí.

Ficha técnica:

Esmorga

Ver productos de Esmorga
Esmorga

Esmorga

   Código:

  00771

   ISBN :

  978-84-126701-1-0

   Nome do producto:

  Alcol

  Autor:

  Díaz Balado, Alicia
            Ver listado de obras.

  Lingua:

  Galego

  Descripción:

  130x210mm. 202 páx.

  Prezo (PVP) €:

20,00 €    ive enga.

  Ficha:

Ao longo da novela, hai referencias a narracións propias da mitoloxía grega e do Antigo Testamento, ben modificadas en harmonía co relato ou ben respectando o seu sentido literal. Inclúense ademais certas profecías nacidas arredor do século XII, atribuídas a personaxes históricos como o francés Xoán de Xerusalén ou a alemá Hildergarda von Bingen. Recóllense breves acontecementos marabillosos narrados no Libro do Infante don Pedro de Portugal, o cal andou as catro partidas do mundo, atribuído a Gómez de Santestevan e datado no século XVI, e a toada que Ariadna recita na súa infancia é "Sur le pont d´Avignon", canción tradicional francesa orixinaria dese mesmo século.

O relato "As ruínas" está baseado na novela O conde de Montecristo de Alexandre Dumas, publicada de forma fraccionada entre 1845 e 1846. O conto "A invención da saudade" constitúe unha versión relatada da proverbial portuguesa "Lenda das amendoiras en flor".

A novela antecédenlle algúns versos do poema "Alcool" do lisboeta, finado en París, Mário de Sá-Carneiro(1890-1916) e Marmor escribe nun calendario unha estrofa de "O barco ebrio" de Charles Rimbaud(1854-1891), poeta nacido en París e falecido en Marsella...