Miño

<    >    

Miño


Autor:   Eirín Faraldo

130x200mm.139 Páx.


22,00 €



Precios con I.V.E. engadido.
  
Descargar o Adobe PDF Reader aquí.

Ficha técnica:

Nume

Ver productos de Nume
Nume

Prosa e verso da literatura galega

   Código:

  00782

   ISBN :

  978-84-125915-8-3

   Nome do producto:

  Miño

  Autor:

  Eirín Faraldo
            Ver listado de obras.

  Lingua:

  Galego

  Descripción:

  130x200mm.139 Páx.

  Prezo (PVP) €:

22,00 €    ive enga.

  Ficha:

Astariz do Miño era un nome oco para o Pol, o lugar de nacemento do seu pai Andreu e onde o avó Brais deixara un fogar. desde o seu refuxio no Pireneo, as tres xeracións dos Roma viaxarán ata aquel enigmático lugar onde preguntas, que nunca se fixeran, comezarán a ter respostas tan inesperadas coma relevantes.

A arcana forza do lugar levaraos a desenterrar vellos diaños e movidos por cadansúa axenda secreta enfrontaranse á violencia, ó rancor, á maldade e á tolemia que desgarrarán tanto as súas vidas coma as antigas lendas que as rexen. Os sucesos rematarán por desentrañar só o que pode ser desentrañado, deixando que o resto o leve a corrente do Miño.

O descorrer da aventura enchóupase nun pasado franquista e de guerra civil, de lendas e de crenzas, de violencia e de medo, de familia e de inimigos, de pobreza e de relixión; pero non deixa de lado os conflitos do presente, das súas personalidades, do independentismo catalán, das relacións familiares, da confianza. trátase pois dunha viaxe de aventura e misterio, onde o primeiro desafío é o interior.