sobre o amor e outras mariconadas

<    >    

sobre o amor e outras mariconadas


Autor:   Ricardo de Barreiro

a todas as letras do abecedario


10,00 €



Precios con I.V.E. engadido.
  
Descargar o Adobe PDF Reader aquí.

Ficha técnica:

Letra inversa

Ver productos de Letra inversa
Letra inversa


   Código:

  00472

   ISBN :

  978-84-15400-92-9

   Nome do producto:

  sobre o amor e outras mariconadas

  Autor:

  Ricardo de Barreiro
            Ver listado de obras.

  Lingua:

  Galego

  Descripción:

  a todas as letras do abecedario

  Prezo (PVP) €:

10,00 €    ive enga.

  Ficha:

 

 

 

 Houbo un segundo onde me planteei tirarme de cabeza, conscientemente, incluso cos ollos ben abertos, non fora a perderme algún detalle polo camiño... e pensei en pintar paredes enormes, por acto reflexo, de xeito tan colorista como auto-didacta; pensei abrir en canal lenzos en branco con pintura vermella ou negra, e despois saborear o momento danzando cunha música axeitada.

E medrou o tempo case tan rápido como medrei eu, e vinme reflectido nun espello feito á miña medida con proxectos de canas na barba e ganas no peito de dar o salto definitivo. Entón mirei a Paca e Ricardo, miña Nai e meu Pai, e colléndome de cadansúa man lanzáronme ao vacío, con contundencia e seguridade, así que deixeime ir sabéndome respaldado, apoiado, e tamén convencido. E foron chanzos de alta montaña para despois baixar tobogáns vertixinosos, e montañas rusas emocionais, laborais e vitais que me fixeron berrar con conxuncións de todo tipo. E bailei, e pinchei, e actuei, e sobre-actuei, e volvín pinchar, e danzei máis sutil, e rodei, e grabei vidas que non eran a miña pero que sempre se pareceron un pouco, pero sempre, sempre sempre, no medio, pintei. E aquí estou, en tempos de guerras de identidade con carencias de respeto e humanidade, buscando o meu sitio, mellor dito, defendendo o meu fogar, porque calquera anaco de cidade, persoa, páxina ou local é un lugar estupendo para residir.