As sete caras da pedra

<    >    

As sete caras da pedra


Autor:   Araúxo, Emilio

Estantes da Serra de Queixa aumentados con algunhas frases de Claude Royet-Journoud


13,00 €



Precios con I.V.A. incluido.
  
Descargar Adobe PDF Reader aquí.

Ficha técnica:

Nume

Ver productos de Nume
Nume

Prosa y verso de la literatura gallega

   Código:

  00415

   ISBN:

  978-84-92792-51-1

   Nombre del producto:

  As sete caras da pedra

  Autor:

  Araúxo, Emilio
            Ver listado de obras.

  Idioma:

  Gallego

  Descripción:

  Estantes da Serra de Queixa aumentados con algunhas frases de Claude Royet-Journoud

  Precio (PVP) €:

13,00 €    iva incl.

  Ficha:

132pp

13x20

Son homes de pedra, estantes, muradellas, amanzóns. Amoreamentos con aires de tótem e aura pagana pero de construción recente. Coas imaxes fotográficas que Emilio Araúxo lles extraeu ao longo de 20 anos e os textos do poeta francés Claude Royet-Journod, un libro recolle as esculturas dos pastores da Serra de Queixa e o Val de Conso. \"Son a nosa cara de pedra\", expón Araúxo (Coles, 1946), \"veñen de lonxe e son siluetas de voz queimada\". Para o volume, que en setembro aparecerá baixo o selo editorial Toxosoutos, o propio fotógrafo escolleu un longo e explicativo título, disposto tipograficamente en vertical: Estantes, amanzois, muradellas, homes de pedra e outros dos máis tempos nomes perdidos de Queixa e do Val de Conso aumentados con algunhas frases de Claude Royet-Jounord tiradas da nosa correspondencia.

As peculiares construcións proceden do labor comunal dos coidadores de gando. Das súas mans medraron estes monolitos anónimos -\"os máis deles non llos viron empezar a ninguén\", explica Araúxo, \"outros teñen uns 50 anos\"- que puntúan os cordais ourensáns. Pero non só. Estes acenos de pedra tamén agroman na Serra da Estrela ou na Serra Amarela, de Portugal, en Francia, Alemaña, Irlanda ou en Canadá, Groenlandia, Mongolia ou o Xapón.

\"Estas pedras chairas que se erguen como enigmáticos tótems\", arrinca o seu escrito Claude Royet-Jounord (Lyon, 1941), \"ou mesmo pregarias, libros amoreados para unha lectura futura e improbábel\". O francés, traducido ao galego e editado por Araúxo en Amastra-n-gallar, elabora unha prosa que asexa o inestábel sentido dos estantes de pedra dunha perspectiva poética, fundada en Mallarmé: \"Espetadas na terra e erguéndose como unha arma, láminas de pedra forman unha moi estraña procesión nese lugar devastado\".

Da admiración de Emilio Araúxo por Uxío Novoneyra emerxeron as conversas de Dos soños teimosos. E neste rexistro dos homes de pedra ecoa o materialismo toponímico dos poemas d\"Os Eidos: \"No libro [70 fotos] espellan o amanzón do Lombo de Aceal, do Tombeiro do Cágado, as muradellas da Cagalla, o home de pedra do Corgo do Cabalo, as Aguilladas...\". Son outros rastros para o labor do escritor Araúxo: testemuñar a desparición da vida rural.