Aproximación Histórica ás Parroquias de Noia



Aproximación Histórica ás Parroquias de Noia
Autor: Pérez Mato, Manuela
150x210mm. 255 páx.
16,00 €
Precios con I.V.E. engadido.
|
|
00756
978-84-125393-8-7
Aproximación Histórica ás Parroquias de Noia
Pérez Mato, Manuela
Galego
150x210mm. 255 páx.
16,00 € ive enga.
O territorio parroquial rural foi o marco social, administrativo, onde se desenvolveu a vida do campesiñado galego ata os tempos actuais. A parroquia é a estructura administrativa máis inmediata ao pobo rural, funcionando coma elemento de cohesión nun marco elemental de convivencia, agrupando as distintas aldeas e lugares en eventos comúns.O obxectivo deste traballo foi obter o maior número posible de referencias documentais sobre a case totalidade das parroquias, que actualmente conforman o territorio rural do concello (Santa Cristina de Barro, Santa María de Roo, Santa Mariña do Obre, San Pedro de Boa e Santa María de Argalo). Neste estudo, intentamos realizar un bosquexo do mundo rural do concello de Noia, dende a prehistoria, constatando que, en torno ao século XII, os territorios que conforman as parroquias do actual concello de Noia contaban cun certo nivel de ocupación: un mundo agrícola distribuído en aldeas, que se agruparán en torno ás distintas parroquias. Así mesmo, as mulleres do espazo parroquial e polo tanto do mundo rural de Noia están presentes nos documentos estudados. Preténdese aportar un corpus de referencias documentais e bibliográficas que permita, ao investigador interesado en desenvolver o estudo da historia do territorio rural do concello, contar cunha base de partida. |
|
![]() |