Os cantos dos peregrinos de Santiago

Os cantos dos peregrinos de Santiago
Autor: Daux, Camille
130x210mm. 188 páx.
16,00 €
Precios con I.V.E. engadido.
|
|
|
00859
979-13-992230-6-4
Os cantos dos peregrinos de Santiago
Daux, Camille
Galego
130x210mm. 188 páx.
16,00 € ive enga.
Os cantos dos peregrinos de Santiago (Letras e Música). Con Introdución, notas histórico-críticas…(Montauban, 1899) do abade Camille DAUX, traducidos por primeira vez ao galego e que a Editorial TOXOSOUTOS ofrece a todos os curiosos do noso pasado…, “son, en efecto, guías dende o punto de vista do itinerario, así como para as disposicións e precaucións materiais e espirituais que cómpre tomar ao partir, no camiño, e ao regresar… A gran popularidade de Santiago e do seu célebre santuario de Compostela valéronlle ser cantado en todas as linguas e en todos os dialectos… Cada nación expresaba así na súa lingua máis popular o entusiasmo e a devoción cara ao santo e a súa tumba…” Os cantos reflicten experiencias compartidas e sentimentos universais –a tristura, o medo e a ledicia– dos peregrinos. Servían ademais para dar ánimos ou expresar o cansazo da viaxe. Utilizaban o canto na ruta non só como unha mostra de fe e para entreterse, senón tamén coma un roteiro práctico de supervivencia e orientación. Ao seren cantos anónimos, a memorización foi, durante séculos, o único procedemento de conservación e transmisión destes cantos. Como consecuencia da oralidade, coexisten varias variantes dun mesmo canto. As diversas edicións dos cantos dos peregrinos franceses dos séculos XVII e XVIII axudaron a preservar e difundir o seu repertorio musical. Hoxe en día, estes cantos seguen sendo interpretados por coros que buscan revivir a tradición musical xacobea. Ademais, se converteron nun símbolo do patrimonio cultural do Camiño de Santiago, lembrándonos a importancia da música como medio de expresión e unión… |
|
|
|





