A cabana das valquirias e outras pezas



A cabana das valquirias e outras pezas
Autor: Frías Conde, Xavier
130x210mm. 66 páx.
12,00 €
Precios con I.V.E. engadido.
|
|
00747
978-84-125915-5-2
A cabana das valquirias e outras pezas
Frías Conde, Xavier
Galego
130x210mm. 66 páx.
12,00 € ive enga.
A cabana das valquirias e outras pezas é un opúsculo de tres obras de microteatro, que se estruturan desta guisa: -A cabana das valquirias é a historia dun mesmo home en catro universos paralelos. No primeiro é un importante líder populista, racista e homófobo, que por accidente se topa co seu ego do segundo universo, que e un sabio homosexual, grazas ao cal aprenderá a viaxar por varios universos, onde se vai recoñecendo noutras personalidades moi apostas á súa: unha delas de muller feminista. -A desvendedora é a historia dun home que vive alleo ao seu pasado, mais que, grazas a unha "desvendedora" que lle "desvende" certo produto, retorna á súa infancia, onde revive o neno que foi coa súa nai e avoa, doente de alzhéimer, mais o problema é que o neno do pasado vén canda el ao presente. -A lingua das vacas é a historia dun encontro cunha civilización extraterrestre que exixe que a relación se manteña en galego, unha lingua que o Goberno de Noviberia cría desterrada, aínda que sobrevive. mais, quen fala aínda esa lingua e como facer para comunicarse cos extraterrestres. |
|
![]() |