Pessoa e a súa sombra

<    >    

Pessoa e a súa sombra


:   Tallón, Miguel

150x210 mm. 214 Páx.


13,00 €


  

Nume

Ver productos de Nume
Nume

Prosa e verso da literatura galega


  :

  00716

  :

  978-84-123922-8-9

  :

  Pessoa e a súa sombra

  :

  Tallón, Miguel
            

  :



  :

  150x210 mm. 214 Páx.

  :

13,00 €    

  :

 

Podería ser certo que un dos poetas sagrados da cultura europea contemporánea tivese sido un impostor ? Fernando Pessoa, sen dúbida entre a media ducia de poetas que deixaron a marca maís fonda no século XX , fixo coñecidos ós que el chamaba os seus heterónimos (Alberto Caeiro , Ricardo Reis , Álvaro de Campos , os tres principais entre outros moitos ) , personalidades imaxinadas ás que atribuíu a autoría dunha parte importante da súa obra . Pero , foron todos eles realmente " personalidades imaxinadas "? Rosa Leiro , unha rapaza na Galicia dos anos oitente, atopa no abandonado despacho do seu tío morto corenta anos antes, poemas escritos e publicados por el e que coinciden cos poemas que Fernando Pessoa atribuíu ó seu heterónimo Álvaro de Campos . Movida por unha curiosidade que non tarda en se converter nunha indesexada obsesión, Rosa Leiro comeza a remexer na vida daquel home morto e esquecido de todos , tirando dun fío que a leva or Galicia e Portugal na busca dos restos das súas pegadas .