Breizh
|
|
Código: 00461 ISBN : 978-84-15400-73-8 Nome do producto: Breizh Autor: Villar, Miro Lingua: Galego Descripción: 13x20; 71 páxinas Prezo (PVP) €: 12,00 € ive enga. Ficha:
Limiar de Xosé María Lema Suárez Prefacio de António Jacinto Pascoal
Ilustración de cuberta: Héitor Picallo, "O Karrapucho" Miro Villar (Cee, 1965). Doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada coa Tese A poesía galega de Antón Zapata García. Edición e estudo. Profesor de lingua e literatura galegas, poeta, narrador, tradutor e crítico literario en diversas revistas. Formou parte do Batallón Literario da Costa da Morte e como poeta publicou Ausencias pretéritas (1992), 42 décimas de febre (1994), Abecedario da desolación (1997; premio Tívoli-Europa 1998), Equinoccio de primavera (1998; finalista do premio Tívoli-Europa 1999), Gameleiros (2002, co fotógrafo Manuel Álvarez) e As crebas (2011; premio Concello de Carral, 2010). Poemas seus foron traducidos ao castelán, portugués, italiano, francés, alemán, inglés, alemán, ruso, albanés e serbo-croata en Il cammino di Santiago. La giovane poesia d"europa nel 1997, que tamén figuran en numerosas revistas literarias e cartapacios colectivos Tamén publicou narrativa e literatura infantil e xuvenil, con O nariz de Fiz (2009), A cobiza do verme Noel (2011), Rebelión na charca (2012) e a serie Carlota, a marmota (2000), Carlota e a bota perdida (2003) e Carlota e a gaivota patiamarela (2006). Como narrador recibiu nos anos 1985 e 1987 o premio de relato curto Modesto R. Figueiredo Patronato Pedrón de Ouro por "Augas de silencio" e "Verbas cruzadas con Amaranta" (1987/1988) e a Curuxa Literaria do Museo do Humor de Fene. E no eido do ensaio é autor de varias edicións críticas ou comentadas de López Abente e Blanco Torres, entre outros. |
|