Tigres de ternura

<    >    

Tigres de ternura


Autor:   Rodríguez Fer, Claudio

Edición bilingüe galego-inglés por Kathleen March; 13x20; 77 pp.


12,00 €



Precios con I.V.A. incluido.
  
Descargar Adobe PDF Reader aquí.

Ficha técnica:

Nume

Ver productos de Nume
Nume

Prosa y verso de la literatura gallega

   Código:

  00460

   ISBN:

  9788415400561

   Nombre del producto:

  Tigres de ternura

  Autor:

  Rodríguez Fer, Claudio
            Ver listado de obras.

  Idioma:

  Gallego

  Descripción:

  Edición bilingüe galego-inglés por Kathleen March; 13x20; 77 pp.

  Precio (PVP) €:

12,00 €    iva incl.

  Ficha:

 

Tigres de ternura titulouse así en 1981 como homenaxe á troquelación en castelán establecida por Rafael Cansinos Assens e citada por Borges, da mesma maneira que Manuel Antonio titulou “Lied ohneWorte”en alemán ou Álvaro Cunqueiro “Ricorditi di me” en italiano.

 

Este poemario publicado fai anos por Claudio Rodríguez Fer, coñecido poeta de Lugo, e anda comigo dende que o lin por primeira vez.  Xa teñen pasado anos, anos que afectaron a miña resposta inicial como lectora que viña de outra terra e outra lingua.  Afectaron, no senso de que agora vexo como o poeta segue fiel á súa estética orixinal, o retrato dun amor natural, sensual e moi galego por unha muller e polas palabras.  As súas obras posteriores semellan subliñar todo o que xa estaba nesta homenaxe poética ao seu lugar de orixe e á musa que non podía menos que configurar aqueles comezos.  Só por esta razón é un privilexio ter a oportunidade de traducir o texto galego ao inglés, sempre co prexuízo  de todo tradutor de que é diferente o texto orixinal.  Mais a diferencia non é tan lingüística como conceptual e pode ser atribuída á natureza íntima da linguaxe coas súas raíces no noroeste ibérico, nunha xeografía e clima onde un sempre se atopa inmerso nun medio que define os limites do corpo e simultaneamente absorbe o corpo nos seus ciclos.

 

Todos os galegos recoñecen a herdanza celta dalgún xeito e nalgún nivel.  Tigres de ternura artella inmediatamente poemas e pasado onde as palabras eran gravadas como petroglifos na pedra; descóbrenos un erotismo do máis sedutor no presente e no persoal, agachando os mitos lonxanos e as manifestacións primitivas cun retrato de amor moi contemporáneo. 

Foi difícil entrar neste mundo poético en particular, non polos lazos co mundo celta senón por respecto pola voz que espreme un desexo sen pudor.  Curiosamente, ler aquel desexo en galego non foi problemático; vertelo noutra lingua, para un público lector que quizais non sempre saberá identificar a complexidade de referencias - situadas no amor xuvenil - a unha terra antiga, foi un reto.  Empregar o léxico do sensual propio dunha sociedade anglosaxona con outros valores, con relacións máis efémeras e superficiais, foi unha preocupación constante; a solución foi acadar un equilibrio entre o tradicional e o moderno, co obxectivo de atopar unha maneira de expresar o que é, xaquelogo, un desexo humano, eterno.