A Editorial Toxosoutos nace no ano 1988 coa publicación de M. Fabeiro Gómez, A Freguesía de Santa Mariña do Obre, parroquia noiesa onde están ubicadas as instalacións, tanto da editora como de Gráficas Sementeira.
  Se ben nun principio xurde coa intención de
proxectar Noia e a súa riqueza artística e
histórica, axiña nos absorbeu unha necesida-
de de compromiso co resto de Galiza, por iso
sentímonos impulsados a pór noso grao de
area en beneficio desa idea, ás veces tan
abstracta, de facer país, axudar, modestamen-
te, á construcción da nosa terra na medida
das nosas posibilidades.
  Desde os comezos entendimos que, como
galegos, tiñamos que participar nesa loita pola
defensa da lingua. A lingua é un dos principais,
se non o máis, vehículo de expresión dunha
cultura. Unha editora ten como primeiro dos seus patrimonios as palabras que lle emprestan os poetas e os investigadores, unha editora ten que saber xestionar esas palabras facéndolle crecer as alas para que as verbas voen e se espallen enchendo os ollos e os corazóns dos nosos lectores.
  Mais a parte da língua tamén está o noso país, que deixa de ser símbolo para se convertir nunha realidade do día a día. Un país que se ten que abrir, que se mostrar ao mundo, pro-curar novas vías de comunicación e empregar as xa existentes, un pouco na idea de recoller a virtude unamuniana de, e sen ser presuntuosos, non galeguizar Europa, mais si dicirlles que tamén estamos nós.

  Xa con certo bagaxe, podemos mirar atrás e lembrar a aqueles que nos tempos dos soños foron colaborando de xeito desinteresado para dar realidade ao noso proxecto, infinidade de compañeiros que fixeron posible, que nesta altura, teñamos máis de 150 títulos de fondo editorial. Xente como o citado historiador M. Fabeiro Gómez, o poeta Antón Avilés de Taramancos, o profesor Xosé Agrelo -aínda noso director de publicacións- ou os non menos Paco Souto, Lois López Rico, Lola Pena e Santiago Casal, en labores de asesoramento ou xestión comercial.
  Desde eles até vostede, que é o que máis nos importa, e sempre ao cuidado da Cultura.

 

 

 

E-Mail:editorial@toxosoutos.com

 

 

 

HyC (c)2002