


A Editorial
Toxosoutos nace no ano 1988 coa publicación de M. Fabeiro Gómez,
A Freguesía de Santa Mariña do Obre, parroquia noiesa
onde están ubicadas as instalacións, tanto da editora como de
Gráficas Sementeira.
Se ben nun principio xurde coa intención de proxectar Noia
e
a súa riqueza artística e histórica, axiña nos
absorbeu unha ne-
cesidade de compromiso co resto de Galiza, por iso sentímonos
impulsados a pór noso grao de area en beneficio desa idea, ás
veces tan abstracta, de facer país, axudar, modestamente, á
construcción da nosa terra na medida das nosas posibilidades.
Desde os comezos entendimos que, como galegos, tiñamos
que participar nesa loita pola defensa da lingua. A lingua é un
dos principais, se non o máis, vehículo de expresión
dunha
cultura. Unha editora ten como primeiro dos seus patrimonios
as palabras que lle emprestan os poetas e os investigadores,
unha editora ten que saber xestionar esas palabras facéndolle
crecer as alas para que as verbas voen e se espallen enchendo
os ollos e os corazóns dos nosos lectores.
Mais a parte da língua tamén está o noso
país, que deixa de ser símbolo para se convertir
nunha realidade do día a día. Un país que se ten que
abrir, que se mostrar ao mundo, pro- curar novas vías de comunicación
e empregar as xa existentes, un pouco na idea de recoller a virtude unamuniana
de, e sen ser presuntuosos, non galeguizar Europa, mais si dicirlles que tamén
estamos nós.
Xa con certo bagaxe, podemos mirar atrás e lembrar a aqueles
que nos tempos dos soños foron colaborando de xeito desinteresado para
dar realidade ao noso proxecto, infinidade de compañeiros que fixeron
posible, que nesta altura, teñamos máis de 150 títulos
de fondo editorial. Xente como o citado historiador M. Fabeiro Gómez,
o poeta Antón Avilés de Taramancos, o profesor Xosé Agrelo
-aínda noso director de publicacións- ou os non menos Paco Souto,
Lois López Rico, Lola Pena e Santiago Casal, en labores de asesoramento
ou xestión comercial.
Desde eles até vostede, que é o que máis
nos importa, e sempre ao cuidado da Cultura.
La Editorial
Toxosoutos nace en el año 1988 con la publicación
de M. Fabeiro Gómez , A freguesía de Santa Mariña
do Obre,parroquia noiesa en la que están ubicadas la instalaiones,
tanto de la editorial como de Gráficas Sementeira.
Si bien en un principio surge con la intención
de proyectar
Noia y su riqueza artística e histórica , pronto nos absorbió
una
necesidad de compromiso con el resto de Galicia, por eso nos
sentimos impulsado a poner nuestro grano de arena en beneficio
de esa idea, a veces tan abstracta, de hacer país, ayudar, mo-
destamente , a la construcción dde nuestra tierra en la medida
de nuestras posibilidades.
Desde los inicios entendimos que, como gallegos, teníamos
que participar en esa lucha por la defensa de la lengua. La
lengua es uno de los principales, si no el más, vehículo de
ex-
presión de una cultura. Una editorial tiene como el primero de
sus patrimonios las pàlabras que le prestan los poetas y los
investigadores, una editorial tiene que saber gestionaar esas
palabras haciéndolas crecer las alas para que el verbo vuele y
se difunda llenando losojos y los corazones de nuestros lectores.
Pero aparte de la lengua también esta nuestro país,
que deja de ser símbolo para conver-
tirse en una realidad cotidian.Un país que se tiene que abrir, que
mostrarse al mundo, buscar nuevas vías de comunicación y emplear
las ya existentes, un poco en la idea de
recoger la virtud unamuniana de, y sin ser presentuosos, tal vez no galleguizar
Europa, pero si decirles que también estamos nosotros.
Ya con cierto bagaje, podemos mirar atrás y recordar a
aquellos que en los tiempos de los sueños fueron colaborando de manera
desinteresada para dar realidad a nuestro proyecto, infinidad de compañeros
que hicieron posible que, en este momento, tengamos más de 150 títulos
de fondo editorial :Gente como el citado historiador M.Fabeiro Gómez,
el poeta Antón Avilés de taramancos, el profesor Xosé
Agrelo --todavía nuestro director de publicaciones-- o los no menos
necesarios paco Souto, Lois López Rico, Lola Pena y Santiago Casal.
Desde ellos hasta usted, que es lo que más nos importa
, y siempre al cuidado de la Cultura.
